Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Mércores, 18 de marzo de 1998 Páx. 2.691

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

ORDE do 6 de marzo de 1998 pola que se actualizan os prezos privados das doses seminais producidas no Centro de Selección e Reproducción Animal de Fontao.

O artigo 6 da Lei 13/1991, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia dispón que os prezos privados obtidos polos órganos da Administración, entes e organismos autónomos, como contraprestación á cesión ou alleamento de bens ou á prestación de servicios, serán fixados pola consellería correspondente atendendo ás condicións e circunstancias do mercado no que operen, e publicaranse no Diario Oficial de Galicia.

De conformidade co devandito artigo, a orde da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, do 17 de febreiro de 1997 (DOG nº 53, do 18 de marzo)

determinou os prezos privados de determinados servicios prestados pola consellería, entre os que figuraban os correspondentes á venda de doses seminais producidas no Centro de Selección e Reproducción Animal de Fontao.

As circunstancias actuais fan necesario o establecemento dunha nova categoría de seme así como a adecuación dos prezos de tódalas doses para a súa adaptación ás demandas do mercado.

Por todo iso, e logo do informe favorable da Consellería de Economía e Facenda,

DISPOÑO:

Artigo único.

1. Os prezos privados esixibles polos servicios prestados polo Instituto Lácteo e Gandeiro de Galicia, referentes ás doses seminais producidas no Centro de Selección e Reproducción Animal de Fontao, son os que figuran no anexo da presente orde.

2. Os referidos prezos incrementaranse, de se-lo caso, co IVE correspondente.

Disposición derrogatoria

Queda derrogado o apartado I do anexo da Orde do 17 de febreiro de 1997, pola que se fixan os prezos derivados dos servicios xestionados pola consellería referentes a doses seminais, determinacións analíticas, plantas e sementes de viveiro, sementes e piñas de sequeiro e especies cinexéticas.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 6 de marzo de 1998.

Castor Gago Álvarez

Conselleiro de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria

ANEXO

Venda de doses seminais producidas no Centro de Selección e Reproducción Animal de Fontao (Esperante-Lugo). Código 36.16.00.

1. Sementais de raza frisona:

-Categoría especial: 1.300 ptas./dose.-Categoría A: 700 ptas./dose.-Categoría B: 400 ptas./dose.-Categoría C: 125 ptas./dose.-Categoría D: 70 ptas./dose.

2. Sementais de raza rubia galega:

-Categoría A: 200 ptas./dose.-Categoría B: 100 ptas./dose.

2196