Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Mércores, 18 de marzo de 1998 Páx. 2.689

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

DECRETO 86/1998, do 5 de marzo, polo que se acepta a cesión a título gratuíto dun terreno de 2.489 m, sito na avenida Conde Bugallal, de Pontevedra, termo municipal de Pontevedra, feita a favor da Comunidade Autónoma de Galicia para sede do edificio de xulgados.

O Pleno da Corporación Municipal de Pontevedra, en sesión ordinaria celebrada o 31 de marzo de 1995 acordou a cesión á Xunta de Galicia dun terreo de 2.229,79 m para sede do edificio de xulgados. A dita cesión foi aceptada mediante decreto do Consello da Xunta 152/1995, do 18 de maio. O 4 de xaneiro de 1996, o Concello de Pontevedra asinou coa Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, un convenio de colaboración en virtude do que se substituía a parcela citada, por outra no lugar da Parda, que foi cedida mediante acordos plenarios do 25 de xaneiro e 30 de maio do mesmo ano, no primeiro dos cales se solicitaba que se adoptase novo acordo polo Consello da Xunta de Galicia, deixando sen efecto a aceptación realizada mediante o dito Decreto 152/1995.

Conforme os artigos 17.1º da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma galega, e 34 do seu regulamento aprobado polo Decreto 50/1989, do 9 de marzo, a adquisición pura e simple de bens a título gratuíto ou lucrativo requirirá decreto do Consello da Xunta de Galicia, por

proposta da Consellería de Economía e Facenda. Así mesmo, os artigos 23.1º da mesma lei e 38.1º do regulamento establecen que non se poderán adquirir bens ou dereitos a título lucrativo cando o valor dos gravames, cargas ou afeccións impostos sobre eles exceda o seu valor intrínseco; se ben non se considera carga, gravame ou afección os investimentos que teña que realiza-la Comunidade Autónoma para da-lo destino de uso xeral ou servicio público da súa competencia que fixe o cedente ou doador.

Na súa virtude, de conformidade coa proposta do conselleiro de Economía e Facenda, feita nos termos nos que o Concello de Pontevedra acordou a cesión e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día cinco de marzo de mil novecentos noventa e oito,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Acéptase a cesión gratuíta da parcela de terreo de 2.489 m pertencente ó Concello de Pontevedra, sita no lugar da Parda, avenida Conde Bugallal.

Linda: norte, resto do predio; sur, Mercedes e Pedro Martínez Domínguez e caseta, muro en medio; leste, Avda. Conde Bugallal; e oeste, en parte, porción segregada e camiño, fonte, Nieves Freijeiro Castiñeiras e outras, muro en medio.

O predio está libre de cargas.

O inmoble descrito atópase inscrito no Rexistro da Propiedade nº 1 de Pontevedra, no libro 570 de Pontevedra, tomo 1.222, folio 82, predio nº 48.764.

Artigo 2º

O inmoble cedido destinarase á sede do edificio de xulgados.

Artigo 3º

A Consellería de Economía e Facenda, a través da Secretaría Xeral e do Patrimonio, procederá á formalización da cesión no correspondente documento público e á inscrición do ben no Rexistro da Propiedade a nome da Comunidade Autónoma e levará a cabo tódolos trámites necesarios para a efectividade do presente decreto.

Disposición derradeira

Déixase sen efecto o Decreto 152/1995, do 18 de maio, DOG número 105, do venres, 2 de xuño, polo que se aceptaba a cesión a título gratuíto dun terreo de 2.229,79 m, sito no polígono de Campolongo (Pontevedra) con fronte ás rúas Augusto García Sánchez e Xeneral Rubín, termo municipal de Ponte

vedra, feita a favor da Comunidade Autónoma de Galicia para sede do edificio de xulgados.

Santiago de Compostela, cinco de marzo de mil novecentos noventa e oito.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda

2193