Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Martes, 17 de marzo de 1998 Páx. 2.678

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE POIO

ANUNCIO.

Aprobado pola Comisión de Goberno deste concello o prego de cláusulas administrativas que rexerán no concurso, con procedemento aberto, trámite de urxencia, para a execución das obras comprendidas no proxecto de demolición de planta baixo cuberta en Chancelas, 67; exponse ó público durante o prazo de catro días contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP para que se poidan presentar alegacións. Simultaneamente anúnciase o concurso.

Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello de Poio.

b) Dependencia: secretaría.

Obxecto do contrato:

a) Descrición: a contratación da execución das obras incluídas no proxecto de demolición de planta baixo cuberta en Chancelas, 67.

Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

Tipo de licitación: fíxase na cantidade de 6.585.400 ptas.

Duración do contrato: tres meses.

Garantías: provisional polo importe do 2% do importe do tipo e definitiva do 4%.

Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Concello de Poio: Servicio de Contratación. Domicilio: praza do Mosteiro, 1. Poio. Tfno: 77 00 38. Fax: 77 12 77.

b) Data límite para obtención de documentos e información: o día anterior ó de remate de presentación de ofertas.

Presentación de proposicións: no rexistro xeral do concello, de 9 a 14 horas, durante o prazo de trece días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP.

Apertura de proposicións: pola mesa de contratación, no salón de sesións da Casa do Concello, ás 13.30 horas do día seguinte hábil (que non cadre en sábado) ó do remate do prazo de presentación de ofertas.

Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Criterios de adxudicación: os sinalados na cláusula 10ª do prego.

Poio, 4 de marzo de 1998.

Luciano Sobral Fernández

Alcalde

1751