Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Martes, 17 de marzo de 1998 Páx. 2.677

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

RESOLUCIÓN do 14 de xaneiro de 1998 mediante a que se anuncia poxa urxente para a contratación das obras de beirarrúas na esquina da Rúa do Vinteún e Canella de Abaixo.

1. Entidade adxudicadora:

1.1. Organismo: Concello de Ourense.

1.2. Dependencia na que se tramita o expediente: Área de Infraestructuras, Negociado de Vías.

1.3. Número de expediente: Ref. 1059.

2. Obxecto do contrato:

2.1. Descrición do obxecto: poxa, mediante procedemento aberto e trámite de urxencia, para a contratación do proxecto de beirarrúas na esquina da Rúa do Vinteún e Canella de Abaixo.

2.2. Prazo de execución: a execución do contrato comezará coa acta de comprobación do planeamento, e as obras deberán quedar totalmente rematadas no prazo de 60 días.

3. Trámite, procedemento e forma de adxudicación:

3.1. Tramitación: urxente.

3.2. Procedemento: aberto.

3.3. Forma: poxa.

4. Orzamento base da licitación:

4.1. Importe total: 12.213.357 ptas., IVE incluído.

5. Fianzas:

5.1. Provisional: 244.267 ptas., correspondente ó 2% do tipo de licitación.

5.2. Definitiva: 488.534 ptas., correspondentes ó 4% do tipo de licitación.

6. Obtención da documentación e información:

6.1. Entidade: Área de Infraestructuras, Negociado de Vías.

6.2. Enderezo: rúa Lamas Carvajal, s/n.

6.3. Localidade e código postal: Ourense-32005.

6.4. Teléfono: 38 81 33.

7. Requisitos:

7.1. Poderán concorrer a esta licitación as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a súa solvencia económica, financeira e técnica, e non estean incursos en causa de prohibición ou incompatibilidade.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

8.1. Prazo de presentación de proposicións: 13 días naturais, contados a partir de aquel no que apareza inserido o derradeiro anuncio no BOP ou Diario Oficial de Galicia, de 9 a 13 horas.

8.2. Documentación para presentar: a que se sinala no artigo 6 do prego de cláusulas administrativas.

8.3. Lugar de presentación: no rexistro xeral do Concello de Ourense, sito na Praza Maior, 1.

8.4. Localidade: Ourense.

8.5. Prazo de vinculación da oferta: vinte días, como máximo, contados desde a apertura de proposicións.

9. Apertura das ofertas:

9.1. Entidade: Concello de Ourense.

9.2. Enderezo: Praza Maior, 1.

9.3. Data: o día hábil seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación das proposicións, ás 12.30 horas.

10. Outras informacións: os criterios de adxudicación serán os sinalados no prego de cláusulas administrativas.

11. Gastos dos anuncios: os gastos que xere esta contratación serán por conta do adxudicatario.

Ourense, 14 de xaneiro de 1998.

Manuel J. Cabezas Enríquez

Alcalde

2259