Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Martes, 17 de marzo de 1998 Páx. 2.677

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 17 de febreiro de 1998, da área provincial de Pontevedra, de notificación da proposta de resolución do contrato do procedemento administrativo de desafiuzamento que se segue no expediente de regularización de situación ocupantes de vivendas de promoción pública PO-10/1996.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE número 285, do 27 de novembro), notifícaselles ós interesados que se citan a continuación, dos que o último enderezo coñecido é o da vivenda obxecto de desafiuzamento, proposta de resolución de contrato outorgado entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo e os adxudicatarios que se relacionan no anexo, unha vez probado o abandono da vivenda por parte do seu titular e o incumprimento das obrigas inherentes á cualidade de beneficiarios

dunha vivenda de protección oficial de promoción pública.

A rescisión e resolución do contrato de acordo co anteriormente exposto entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo e os adxudicatarios relacionados no anexo.

De acordo co artigo 142 do Regulamento de vivendas de protección oficial, concédeselles un prazo de 10 días, para a súa contestación por escrito, no que se formularán as alegacións e proporán as probas que consideren oportunas no seu descargo.

Pontevedra, 17 de febreiro de 1998.

Carlos A. González Rodríguez

Xefe da área provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo de Pontevedra

ANEXO

Número de expediente de desafiuzamento: 10/1996.

Adxudicatario: Evaristo Rodríguez Pérez.

Enderezo: Barrio da Anunciada 12, Baiona.

Expediente construcción: PO-1697.

Conta: 12.

1754