Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Martes, 17 de marzo de 1998 Páx. 2.679

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA

ANUNCIO de concurso aberto.

1. Obxecto do contrato: a execución do lote das obras de acondicionamento beirarrúas barrio de San Roque e pavimentación e iluminación Rúa Blanco Amor.

2. Prazo do contrato: catro meses.

3. Prezo do contrato: 6.300.000 ptas.

4. Garantías provisionais e definitiva: a garantía provisional para participar no concurso será de 126.000 ptas.

O adxudicatario estará obrigado a prestar unha garantía definitiva do 4% do importe da adxudicación.

5. Proposicións: as proposicións presentaranse no Rexistro de Licitacións (Secretaría Xeral), en man, das 9,30 ás 13,30 horas durante os vinteseis días naturais seguintes á publicación do último dos anuncios nos BOP ou DOG.

Tamén poderán presentarse na forma prevista no parágrafo 2º da cláusula XI.1.

As proposicións axustaranse ó modelo oficial que figura no prego de cláusulas administrativas e comprirán as formalidades e documentación previstas na cláusula XI do prego.

Vilagarcia de Arousa, 23 de febreiro de 1998.

Joaquín J. Gago López

Alcalde

2322