Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Martes, 17 de marzo de 1998 Páx. 2.630

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

DECRETO 81/1998, do 5 de marzo, de asunción dos medios transferidos á Comunidade Autónoma de Galicia mediante Real decreto 231/1998, do 16 de febreiro, en materia de parque móbil ministerial do Ministerio de Economía e Facenda e a súa asignación á Consellería da Presidencia e Administración Pública.

Por Real decreto 231/1998, do 16 de febreiro, traspásanse os medios adscritos ó parque móbil ministerial do Ministerio de Economía e Facenda á Comunidade Autónoma de Galicia.

Procede, en virtude do citado traspaso, asumir de forma expresa as funcións e servicios correspondentes ás competencias atribuídas á Consellería da Presidencia e Administración Pública e ós centros directivos dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro da Presidencia e Administración Pública e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día cinco de marzo de mil novecentos noventa e oito,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Quedan asumidos os medios traspasados pola Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en virtude do Real decreto 231/1998, do 16 de febreiro, sobre traspaso de medios adscritos ó Ministerio de Economía e Facenda, nos termos e condicións especificados no acordo da Comisión Mixta de Transferencias publicado como anexo ó dito real decreto.

Artigo 2º

1. Asígnanselle á Consellería da Presidencia e Administración Pública as funcións e servicios asumidos de conformidade co disposto no artigo anterior.

2. Os órganos da Consellería da Presidencia e Administración Pública exercerán as atribucións que lles correpondan conforme as normas que regulen a súa estructura.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o conselleiro da Presidencia e Administración Pública para dictar cantas disposicións sexan necesarias para o densenvolvemento e execución do presente decreto a para adopta-las medidas precisas para a plena efectividade e executividade práctica das funcións traspasadas.

Segunda.-O presente decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, cinco de marzo de mil novecentos noventa e oito.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

2188