Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Luns, 16 de marzo de 1998 Páx. 2.623

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FERROL

EDICTO.

O Concello Pleno de Ferrol en sesión celebrada o vintetrés de decembro de mil novecentos noventa e sete aprobou inicialmente a modificación do plan parcial remodelado ensenada da Gándara no ámbito da parcela número 23.

De conformidade coa normativa vixente ábrese un período de información pública dun mes, contado a partir da publicación oficial deste edicto (DOG), co fin de que poidan presentarse alegacións e reclamacións contra a dita aprobación, que se dirixirán á alcaldía-presidencia.

Durante o período sinalado o expediente pode consultarse na xerencia de urbanismo do concello en horario de oficina.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Ferrol, 20 de xaneiro de 1998.

O alcalde

Rubricado

1203