Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Luns, 16 de marzo de 1998 Páx. 2.623

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BUEU

EDICTO polo que se fai pública a convocatoria para a elección de xuíz de paz substituto deste termo municipal.

De conformidade co establecido no artigo 101 e concordantes da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo,

do poder xudicial, anúnciase convocatoria para a provisión do cargo de xuíz de paz substituto deste termo municipal, por canto quedou vacante na anterior convocatoria, conforme as seguintes bases:

Primeira.- Obxecto.- É obxeto da presente convocatoria, a provisión do cargo de xuíz de paz substituto deste termo municipal, polo período de catro anos.

Segunda.- Solicitudes.- Presentaranse no rexistro xeral do concello, de 8 a 14 horas, durante o prazo de quince días hábiles contados a partir da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Coa solicitude achegarase a seguinte documentación:

a) Certificado de nacemento ou fotocopia compulsada do documento nacional de identidade.

b) Certificación expedida polo Rexistro Central de Penados e Rebeldes, acompañada de declaración complementaria do solicitante, referida a que non se atopa inculpado nin procesado.

c) Xustificación dos méritos alegados polo solicitante.

Terceira.- Condicións legais.- Ser español e maior de idade; non atoparse incurso en causas de incapacidade ou incompatibilidade previstas para o desempeño das funcións xudiciais, agás actividades profesionais ou mercantís.

As causas de incompatibilidade sinaladas no artigo 389 da Lei orgánica, operarán con posterioridade ó nomeamento, mediante opción efectuada polo nomeado.

Son causas de incapacidade: estar impedido física ou psiquicamente para desempeña-la dita función; estar condenado por delicto doloso, mentres non se obteña a rehabilitación; estar procesado ou inculpado por delicto doloso, mentres non se obteña a absolución ou sexa dictado auto de sobresemento, e non atoparse en pleno exercicio dos dereitos civís.

Bueu, 23 de xaneiro de 1998.

Xosé Novas Piñeiro

Alcalde

1749