Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Luns, 16 de marzo de 1998 Páx. 2.624

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FERROL

POXA para a contratación, mediante procedemento aberto, das obras de adaptación de planta baixa para centro da terceira idade.

1. Obxecto: execución das obras de adaptación de planta baixa para centro da terceira idade en Río Xubia, 114.

2. Tipo de licitación: 10.203.924 ptas.

3. Prazo de execución obras: 1 mes.

4. Lugar e prazo de presentación de ofertas: as proposicións presentaranse no rexistro xeral sito na planta baixa do Pazo Municipal, en man, e desde as 9 ás 13 horas, dentro do prazo de trece días naturais contados desde o día de publicación do último anuncio de licitación, ben no BOP ou no DOG (se o último día coincidise en sábado, festivo ou domingo, trasladarase ó seguinte día hábil). Dentro do indicado prazo, tamén se poderán presentar por correo na forma regulamentaria.

5. Garántia provisional: será de 204.078 ptas. equivalente ó 2% do orzamento do contrato ou tipo de licitación e deberá ser depositada na caixa da corporación.

O modelo de proposición e os documentos que deban xuntarse especifícanse no artigo 11.2º do prego de cláusulas administrativas particulares, o cal se atopa á disposición dos interesados no Negociado de Servicios Sociais, sito no edificio municipal rúa Lugo, 56-1º.

Ferrol, 4 de febreiro de 1998.

O alcalde

Rubricado

2234