Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Luns, 16 de marzo de 1998 Páx. 2.620

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 6 de marzo de 1998, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso público aberto, polo trámite de urxencia e expediente anticipado de gasto, para a subministración do equipamento da unidade de hospitalización para cirurxía cardíaca e cardioloxía do Hospital do Meixoeiro de Vigo (Pontevedra) (SCC.-02/1998) (9 lotes).

O Servicio Galego de Saúde, por proposta da División de Recursos Económicos, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la subministración que a seguir se cita:

Subministración: do equipamento da unidade de hospitalización para cirurxía cardíaca e cardioloxía do Hospital Meixoeiro de Vigo (Pontevedra). (SCC.-02/1998).

-Lote nº 1: electrocardiógrafo.-Lote nº 2: carros.-Lote nº 3: desfibrilador.-Lote nº 4: equipos de baleiro.-Lote nº 5: equipo portátil Rx.-Lote nº 6: moblaxe clínica.-Lote nº 7: aparellos clínicos.-Lote nº 8: equipamento hospitalización.-Lote nº 9: moblaxe xeral.

Orzamento: 23.092.971 ptas., IVE incluído.

-Lote nº 1:.400.000 ptas.-Lote nº 2: 556.680 ptas.-Lote nº 3: 800.000 ptas.-Lote nº 4: 725.500 ptas.-Lote nº 5: 3.000.000 de ptas.-Lote nº 6: 1.378.000 ptas.-Lote nº 7: 421.760 ptas.-Lote nº 8: 8.876.000 ptas.-Lote nº 9: 6.935.031 ptas.

23.092.971 ptas., IVE incluído, quedando condicionado á existencia do crédico adecuado e suficiente nos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 1998.

Fianza provisional: licitando os nove lotes: 461.860 ptas.

-Lote nº 1: 8.000 ptas.-Lote nº 2: 11.134 ptas.-Lote nº 3: 16.000 ptas.-Lote nº 4: 14.510 ptas.-Lote nº 5: 60.000 ptas.-Lote nº 6: 27.560 ptas.-Lote nº 7: 8.435 ptas.-Lote nº 8: 177.520 ptas.-Lote nº 9: 138.701 ptas.

Fianza definitiva: licitando os nove lotes: 923.720 ptas.

-Lote nº 1: 16.000 ptas.-Lote nº 2: 22.268 ptas.-Lote nº 3: 32.000 ptas.-Lote nº4: 29.020 ptas.-Lote nº 5: 120.000 ptas.-Lote nº 6: 55.120 ptas.-Lote nº 7: 16.870 ptas.-Lote nº 8: 355.040 ptas.-Lote nº 9:277.402 ptas.

Forma de adxudicación: concurso público, procedemento aberto polo trámite de urxencia e expediente anticipado de gasto.

Prazo de execución: os bens obxecto do presente concurso público entregaranse no prazo desde a sinatura do contrato en trinta (30) días.

Admisión de variantes: non se admiten variantes.

Solvencia económica e financeira: de acordo co establecido no artigo 16 1º a) e b) da Lei 13/1995 de contratos das administracións públicas.

Solvencia técnica: de acordo co establecido no artigo 18 a), c) e d) da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

Criterios de adxudicación:

1. Calidade técnica do equipamento: ata 50 puntos.

2. Proposta económica: ata 25 puntos.

3. Mantemento e indicadores de disponibilidade do servicio técnico: ata 15 puntos.

4: Aportacións e melloras, valores engadidos: ata 10 puntos.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria estarán de manifesto e á disposición dos concursantes para o seu exame nos servicios centrais da División de Recursos Económicos, edificio administrativo de San Caetano, bloque 2-2º en Santiago de Compostela, tódolos días laborables, agás sábados, de 9 a 14 horas.

Presentación de proposicións: as proposicións deberán ser presentadas en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Servicio Galego de Saúde, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural, contado a partires do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou enviadas por correo dentro do prazo sinalado.

Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de correos e anunciar o órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax (981 542762) ou telegrama no mesmo día, de conformidade co artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

Apertura de proposicións: terá lugar na Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, Edificio Administrativo San Caetano, bloque nº 2, 2ª planta, a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Documentación que achegarán os licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: o pagamento do anuncio do presente concurso público será por conta do adxudicatario ou dos adxudicatarios do contrato.

Santiago de Compostela, 6 de marzo de 1998.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos Económicos

2169