Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Luns, 16 de marzo de 1998 Páx. 2.619

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 4 de febreiro de 1998 pola que se anuncia concurso público para a contratación do servicio de desenvolvemento de servicios telemáticos de información para o programa Igatel do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

En cumprimento da legalidade vixente, anúnciase concurso público para a contratación do servicio de desenvolvemento de servicios telemáticos de información para o programa Igatel do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), r/ Frei Rosendo Salvado, 16 baixo, 15701 Santiago de Compostela, Tlfo.: (981) 54 11 87, fax: (981) 54 11 01.

b) Número de expediente: C.P. nº 2/1998.

2. Obxecto do contrato.

a) Servicio de desenvolvemento de servicios telemáticos de información para o programa Igatel do

Instituto Galego de Promoción Económica (Igape). O concurso desagrégase nos seguintes lotes:

Lote 1: base de datos de liñas de axuda.

Lote 2: base de datos de sumarios do DOG.

Lote 3: desenvolvemento de servicios para usuarios rexistrados.

Lote 4: base de datos de formación e eventos.

Lote 5: base de datos de concursos públicos.

Lote 6: migración de información documental.

b) Prazo de execución: o prazo de entrega do obxecto do concurso será o que propoña o contratista na súa oferta co límite máximo de tres meses desde a sinatura do contrato para tódolos lotes, coa excepción do lote 1 no que o prazo de entrega non superará o 30 de xuño de 1998.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento máximo de licitación.

Vinte millóns seiscentas corenta e oito mil pesetas (20.648.000 ptas.) IVE incluído. O dito orzamento máximo distribúese entre os diferentes lotes como se sinala a continuación:

Lote 1: 13.456.000 ptas.

Lote 2: 1.740.000 ptas.

Lote 3: 812.000 ptas.

Lote 4: 1.160.000 ptas.

Lote 5: 2.320.000 ptas.

Lote 6: 1.160.000 ptas.

5. Garantías.

Provisional: 2% do orzamento máximo de licitación para cada lote ou lotes ós que se licite.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

b) Domicilio: r/ Frei Rosendo Salvado, 16 baixo.

c) Localidad e código postal: Santiago de Compostela, 15701 A Coruña.

d) Teléfono: (981) 54 11 01.

e) Telefax: (981) 59 04 67.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

7. Presentación das ofertas ou solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación : o prazo de admisión rematará ás catorce horas do vixésimo sétimo día hábil seguinte ó da publicación do anuncio do concurso no Diario Oficial de Galicia. De coincidir en sábado, o prazo entenderase prorrogado ata as catorce horas do seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: en sobre pechado e lacrado e dentro do prazo sinalado, presentaranse no Rexistro xeral do Instituto Galego de Promoción Económica, ou por correo, anunciándolle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante telegrama e xustificando a data da imposición do envio na oficina de correos.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses desde a apertura das ofertas.

8. Apertura das ofertas.

En acto público ás 11 horas do cuarto día hábil, que non coincida en sábado, seguinte ó da finalización do prazo de presentación de ofertas, no Instituto Galego de Promoción Económica, sito en r/ Frei Rosendo Salvado, 16 Santiago de Compostela.

9. Gastos de anuncios.

Os gastos dos anuncios serán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 4 de febreiro de 1998.

Diego Diz Fernández

Director xeral do Instituto Galego

de Promoción Económica

2210