Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Luns, 16 de marzo de 1998 Páx. 2.618

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 12 de xaneiro de 1998, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se somete á información pública o estudio de efectos ambientais do proxecto de aproveitamento hidroeléctrico Tambre-Pé de Presa.

O artigo 2º, punto 4, do Decreto 327/91, do 4 de outubro, de avaliación de efectos ambientais para Galicia (Diario Oficial de Galicia nº 199, do 15 de outubro), dispón que o órgano ambiental someterá

o estudio de efectos ambientais ó trámite de información pública, durante quince días hábiles, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia. Na súa virtude,

RESOLVO:

1.- Someter á información pública, no prazo de quince días hábiles, contando a partir da publicación da presente resolución, o estudio de efectos ambientais do proxecto de aproveitamento hidroeléctrico Tambre-Pé de presa, sita no termo municipal de Brión, provincia da Coruña.

2.- Para os oportunos efectos informativos, poñeranse á disposisición dos administrados exemplares nas seguintes dependencias:

* Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

* Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente da provincia da Coruña.

* Concello de Brión.

3.- As alegacións formularanse durante o plazo de quince días.

4.- Unha vez finalizado o devandito prazo, remitirase o expediente coas correspondentes alegacións á Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

Santiago de Compostela, 12 de xaneiro de 1998.

Francisco Pan-Montojo González

Director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental

1818