Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Luns, 16 de marzo de 1998 Páx. 2.618

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 9 de marzo de 1998 pola que se anuncia a contratación polo sistema de concurso e procedemento aberto do servicio consistente na limpeza do Laboratorio Rexional de Sanidade Animal de Lugo.

A Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria resolveu convoca-la seguinte contratación polo sistema de concurso e procedemento aberto:

Obxecto: contratación do servicio consistente na limpeza do Laboratorio Rexional de Sanidade Animal de Lugo, de acordo cos proxectos e pregos aprobados para isto.

Orzamento de licitación: tres millóns de pesetas (3.000.000 de ptas.).

Garantía provisional: sesenta mil pesetas (60.000 ptas.).

Garantía definitiva: cento vinte mil pesetas (120.000 ptas.).

Clasificación: non é necesaria.

Prazo de execución: un ano.

Exposición do proxecto e pregos: o proxecto, así como o prego de cláusulas administrativas particulares, estarán á disposición dos licitadores para o seu exame durante o prazo de presentación de proposicións, os días e horas hábiles de oficina, no Servicio de Contratación e Xestión Orzamentaria da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria (Edificios Administrativos San Caetano, s/n, Santiago de Compostela-A Coruña).

Modelo de proposición: a proposición económica formularase estrictamente conforme o modelo que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

Presentación e apertura de proposicións: as proposicións serán entregadas no rexistro xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria ou en calquera das vías admitidas polo artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, antes das 14 horas do día 13 de abril de 1998.

A apertura de proposicións terá lugar en acto público ás 13 horas do día 17 de abril de 1998, na sala de xuntas da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria (Edificios Administrativos San Caetano, s/n, Santiago de Compostela-A Coruña).

Gastos de publicación: serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 9 de marzo de 1998.

P.D. (Orde 15-12-1997, DOG 243, 17-12-1997)

Ángel Bernardo Tahoces

Secretario xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria

2197