Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Luns, 16 de marzo de 1998 Páx. 2.621

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 28 de xaneiro de 1998 pola que se anuncia concurso para a execución das obras comprendidas no proxecto de construcción do centro social de San Diego-Os Castros.

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña.

a) Dependencia que tramita o expediente: Sección de Contratación.

b) Número de expediente: 098/2.

2. Obxecto do contrato: execución das obras comprendidas no proxecto de construcción do centro social de San Diego-Os Castros.

Prazo de execución: doce meses.

3. Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 213.362.000 ptas. (IVE incluído).

5. Garantía provisional: non se esixe.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Sucopia, S.L. 1. b) Enderezo: Ronda de Nelle, 131. 2º. c) Localidade: 15010 A Coruña. d) Teléfono: (981) 26 70 64. e) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Clasificación: grupo c, subgrupo 2, 4 e 6, categoría c; grupo I, subgrupo 1, categoría c; grupo j, subgrupo 4, categoría c.

8. Presentación de proposicións:

a) Prazo: vinteseis días naturais contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, rematando ás 13 horas. No caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte.

b) Documentación que se presentará: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral de entrada.

d) Admisión de variantes: si.

9. Apertura de proposicións económicas e documentación técnica:

a) Lugar: Concello da Coruña 6. b) Enderezo: Pza. de Mª Pita, 1-2º. c) Localidade: 15001 A Coruña. d) Data: quinto día hábil seguinte ó do transcurso do prazo de presentación de proposicións. e) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións: nos anversos dos sobres consignarase con claridade o seu contido (Proposición económica, Documentación administrativa e Documentación técnica) e o seguinte lema: «Proposición que presenta... para optar ó concurso para a contratación das obras comprendidas no proxecto de construcción do centro social de San Diego-Os Castros».

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Coruña, 28 de xaneiro de 1998.

Alcalde

P.D.

Rubricado

2168