Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Luns, 16 de marzo de 1998 Páx. 2.613

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 26 de decembro de 1997, da Dirección Xeral de Industria, pola que se autoriza administrativamente, se declara de utilidade pública e se aproba o anexo 2 ó proxecto de execución da liña aérea de transporte de enerxía eléctrica a 132 kV entre a subestación do parque eólico de Coriscada (A Coruña), a subestación do parque eólico do Vicedo (Lugo) e a subestación de Magazos (Lugo).

Vistos os escritos e a documentación presentados ante a Dirección Xeral de Industria da Consellería de Industria e Comercio polas empresas Gamesa Promoción Eólica e Eurovento, S.L. Unipersonal, con enderezos para efectos de notificacións na Avda. do Cruceiro da Coruña, 201A, 15705 Santiago de Compostela e r/ Galeras, nº 17, planta 3ª, oficina 3, 15705 Santiago de Compostela, respectivamente, esta dirección xeral ten en conta os seguintes feitos:

Primeiro.- Por resolución desta dirección xeral do 5 de agosto de 1997, autorizouse administrativamente, declarouse de utilidade pública e aprobouse o proxecto de execución da liña aérea de transporte de enerxía eléctrica a 132 kV entre a subestación do parque eólico da Coriscada (apoio nº 63) ata ol apoio número 11 (inclusive) e a derivación á subestación do parque eólico do Vicedo (que se inicia no apoio nº 53 e dispón de 8 apoios).

Segundo.- Como consecuencia da alegación presentada ó proxecto orixinal pola Demarcación Provincial de Costas de Lugo, sobre a prohibición á instalación da LAT aérea sobre o dominio público marítimo-terrestre e posto que posteriormente solicitou a modificación a ese trazado por unha nova

LAT en aéreo na zona de Magazos (Viveiro), afectando a un gran número de veciños, o que provocou unha forte oposición veciñal, con data do 23 de outubro de 1997 as citadas empresas solicitaron a autorización administrativa, a aprobación do anexo 2 ó proxecto de execución e a declaración de utilidade pública do tramo de liña aérea consistente na conexión entre o remate do tramo anterior (apoio 11) e a subestación de Magazos, discorrendo polo concello de Viveiro (Lugo); acompañan o preceptivo proxecto de instalacións a que fan referencia os artigos 8 e 12 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas e a relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados pola instalación que determina o artigo 52 da Lei 40/1996, do 30 de decembro, de ordenación do sistema eléctrico nacional, de aplicación a este expediente en virtude do disposto no punto segundo da disposición transitoria segunda da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector

eléctrico.

As características ténicas básicas da instalación son as seguintes:

-Tramo de liña aéreo, de 1.360 m. de lonxitude, en simple circuíto, estando os apoios e crucetas preparados para unha eventual incorporación dun segundo circuíto, colocándose mentres tanto ó tresbolillo. O tramo está formado por catro aliñacións.

-Tramo subterráneo, de 1.700 m. de lonxitude, en simple circuíto, aínda que a gabia incorpora os encanamentos necesarios para unha posible incorporación dun segundo circuíto no futuro. A liña subterránea discorre na súa maior parte seguindo a estrada Viveiro-Covas pertencente á Deputación de Lugo.

O trazado discorre integramente polo concello de Viveiro.

O orzamento do proxecto ascende a 182.400.960 ptas.

Terceiro.- O citado proxecto de instalación, así como a relación de bens e dereitos afectados, someteuse a información pública por resolución da Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Lugo do 28-10-1997, publicándose no Diario Oficial de Galicia do 17-11-1997, BOP de Lugo do 17-11-1997, no xornal El Progreso do 17-11-1997, no taboleiro de anuncios da Casa do Concello de Viveiro e no da Delegación Provincial de Lugo; ó mesmo tempo na forma regulamentaria notificouse individualmente a cada un dos interesados que figuran na dita relación. Separadamente presentáronse aquelas partes do proxecto que afectan a bens, instalacións, obras ou servicios, centros ou zonas dependentes de outros organismos públicos ou corporacións, co fin de que, se é o caso, establecesen o condicionado procedente.

Cuarto.- Durante o per.iodo en que se someteu a trámite de información pública non se formularon alegacións ó proxecto.

Quinto.- A solicitude obxecto deste expediente recibiu informe favorable da Delegación Provincial de Lugo, comprobándose mediante inspección sobre o terreo seguindo o trazado proposto para a instalación desta liña, que nos bens afectados, sobre os que se solicitan os beneficios de expropiación, para os efectos da servidume de paso, non se dan as limitacións previstas no artigo 56 do título IX da Lei 40/1994.

Fundamentos de dereito:

Primeiro.- A Dirección Xeral de Industria é a competente para resolver este expediente con base no Estatuto de autonomía de Galicia, no Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, no Decreto 132/1982, do 4 de novembro, no Decreto 209/1990, do 15 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, modificado polos decretos 140/1991, do 2 de maio, 292/1995, do 3 de novembro e 187/1997, do 3 de xullo, en relación co Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, e no Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas e a Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico.

Segundo.- O proxecto cumpre o disposto no Decreto 3151/68, do 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de liñas eléctricas de alta tensión e, en concreto, cos seus artigos 5 e 6.

Terceiro.- No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios.

Esta dirección xeral, de acordo con todo o que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas

RESOLVE:

1º- Autoriza-la instalación da liña aérea de transporte de enerxía eléctrica a 132 kV reflectida no anexo 2 ó proxecto de execución da liña aérea de transporte de enerxía eléctrica a 132 kV entre a subestación do parque eólico de Coriscada (A Coruña), a subestación do parque eólico do Vicedo (Lugo) e a subestación de Magazos (Lugo).

2º- Aproba-lo proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita.

3º- Declara-la utilidade pública da instalación eléctrica, o que implica a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso ordinario, perante o conselleiro de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado desde a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de acordo co disposto no artigo 114 da Lei 30/1992,

do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 26 de decembro de 1997.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria

1588