Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Luns, 16 de marzo de 1998 Páx. 2.612

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 30 de decembro de 1996, da Dirección Xeral de Industria, pola que se autoriza a instalación dunha planta de coxeración de enerxía eléctrica á empresa Frigoríficos Conchado, S.A., no concello de Culleredo (A Coruña), e se inclúe a mesma no réxime especial creado polo R.D. 2366/1994. (Expediente 623/1996).

Visto o escrito presentado pola empresa Frigoríficos Conchado, S.A., con enderezo para efectos de notificacións en Almeiras s/n, 15180 Culleredo, A Coruña, e tendo en conta os seguintes feitos:

Primeiro.- O día 26 de xullo de 1996, a referida empresa, dedicada a matadeiro frigorífico e fabricación de embutidos, solicitou a autorización administrativa e o recoñecemento da condición de instalación acollida ó réxime especial de producción de enerxía eléctrica creado polo Real decreto 2366/1994, do 9 de decembro, sobre producción de enerxía eléctrica por instalacións hidráulicas, de coxeración e outras abastecidas por recursos ou fontes de enerxías renovables, para a planta de coxeración que ten previsto instalar na súa factoría do concello de Culleredo (A Coruña). Acompaña á dita

solicitude o preceptivo anteproxecto das instalacións, o estudio dos rendementos enerxéticos acadables e de aforro de enerxía que se conseguirá coa posta en servicio das instalacións proxectadas e o resto da documentación á que fai referencia o artigo 5.4º do citado R.D. 2366/1994.

As características técnicas básicas da planta de coxeración serán as seguintes:

-Dos motores de combustión interna alternativos alimentados por gasóleo C, de 1.400 kW cada un; dous xeradores síncronos trifásicos de 2.000 KVA c/u, tensión de xeración 6 kV; un centro de transformación r/t 15/6, cun transformador de 4 MVA, montado en interior; instalacións de interconexión coa liña eléctrica da compañía distribuidora e instalacións complementarias de aproveitamento de calor e de protección eléctrica, mando sinalización e medida.

Segundo.- De conformidade co establecido no Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, de aplicación ó presente expediente en virtude do establecido na disposición transitoria primeira da Lei 40/1994, do 30 de decembro, de ordenación do sistema eléctrico

nacional, a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña dictou resolución, do 27 de agosto de 1996, pola que se someteu a información pública a autorización administrativa da instalación de referencia, que se publicou no Diario Oficial de Galicia do 26-9-1996 e no BOP da Coruña do 26-9-1996, sen que se presentase no período legalmente establecido para iso alegación ningunha.

Terceiro.- A solicitude obxecto deste expediente obtivo informe favorable da dita delegación provincial.

Fundamentos de dereito:

Primeiro.- A Dirección Xeral de Industria é competente para resolver este expediente con base no Estatuto de autonomía de Galicia, no Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, no Decreto 132/1982, do 4 de novembro e no Decreto 209/1990, do 15 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, modificada polos decretos 140/1991, do 2 de maio e 292/1995, do 3 de novembro, en relación co Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas e o Real decreto 2366/1994, do 9 de decembro.

Segundo.- A planta de coxeración proxectada supera os rendementos enerxéticos mínimos que para o tipo de combustible se establecen no anexo do citado R.D. 2366/1994, sendo realizado o expediente con cumprimento da tramitación regulamentaria.

Terceiro.- Examinada a documentación que consta no expediente, queda de manifesto que debe accederse o solicitado pola empresa Frigoríficos Conchado, S.A., por conseguinte, proceder á autorización administrativa da planta e a recoñecerlle a condición de instalación acollida ó réxime especial do R.D. 2366/1994. Sen embargo, non acredita o cumplimento das condicións previstas no artigo 11, para poder ser inscritos no Rexistro de Instalacións de Producción en Réximen Especial, segundo especifíca o artigo 6 do citado real decreto.

Vistos os preceptos legais citados e os demais de pertinente e xeral aplicación, esta dirección xeral,

RESOLVE:

1º.- Autorizarlle a instalación dunha planta de coxeración á empresa Frigoríficos Conchado, S.A., que se vai situar nas instalacións da factoría que a dita empresa ten en Culleredo (A Coruña).

2º.- Recoñecerlle á planta de coxeración autorizada a condición de instalación acollida ó réxime especial do R.D. 2366/1994, e incluíla no grupo d) do artigo 2 do dito real decreto.

Como requisito necesario para a aplicación do réxime especial á dita instalación, a citada empresa deberá solicitar novamente a inscrición da planta de coxelación no Rexistro de instalacións de Pro

ducción de Enerxía Eléctrica en Réxime Especial da Comunidade Autónoma de Galicia, presentando a documentación que figura nas instruccións dictadas por esta dirección xeral en desenvolvemento da citada orde.

O promotor presentará perante a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña, no prazo dun ano contado a partir da data de publicación no Diario Oficial de Galicia da presente resolución, o proxecto de execución da planta de coxeración autorizada, a cal conterá os datos e condicións técnicas para a realización das instalacións de conexión da central á rede, que serán facilitados pola empresa que distribúa enerxía eléctrica na zona, así como o punto de interconexión.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso ordinario perante o conselleiro de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir da data da súa publicación.

Santiago de Compostela, 30 de decembro de 1996.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria

0004