Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Luns, 16 de marzo de 1998 Páx. 2.611

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 4 de marzo de 1998 polo que se convoca para o levantamento de actas previas á ocupación os titulares de determinados predios afectados polo proxecto de instalacións de gasificación do noroeste: rede de Vilagarcía de Arousa. Fase II.

Na data do 17 de novembro de 1997, a Dirección Xeral de Industria da Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia autorizou as instalacións do proxecto de gasificación do Noroeste: rede de Vilagarcía de Arousa. A dita aprobación, de acordo co disposto no artigo 13 da Lei 10/1987, do 15 de xuño, de disposicións básicas para un desenvolvemento coordinado de actuacións en materia de combustibles gasosos, leva implícita a declaración de necesidade de ocupación dos terreos afectados. Ó mesmo tempo, a declaración de utilidade pública e urxencia na ocupación vén determinada polo disposto no artigo 10 da citada lei.

Na súa virtude, esta delegación provincial, en cumprimento do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, acordou convoca-los titulares dos bens e dereitos afectados para que comparezan na Casa do Concello onde están os predios, como punto de reunión para, de con

formidade co procedemento que establece o citado artigo, levar a cabo o levantamento das actas previas á ocupación e, se procedera, o das de ocupación definitiva.

Tódolos interesados, así como as persoas que sexan titulares de calquera clase de dereitos e intereses sobre os bens afectados, deberán acudir persoalmente ou representados por persoa debidamente autorizada, aportando os documentos acreditativos da súa titularidade máis o último recibo da contribución, podéndose acompañar, pola súa conta, dos seus peritos e un notario, se o consideran oportuno.

O levantamento de actas terá lugar no Concello de Caldas de Reis, o próximo día 30 de marzo de 1998, a partir das 9.30 horas, e no Concello de Vilagarcía de Arousa, o próximo día 10 de marzo de 1998, a partir das 12 horas.

A orde de levantamento de actas comunicaráselle a cada interesado mediante a oportuna cédula de citación, figurando a relación de titulares convocados nos taboleiros de edictos dos concellos sinalados.

É de significar que esta publicación se realiza igualmente para os efectos determinados polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, de notificación do

presente acordo ós titulares descoñecidos e máis a aqueles con domicilio descoñecido dos predios que se describen no anexo.

No expediente expropiatorio Enagás, S.A. asumirá a condición de beneficiaria, coas obrigas e dereitos

establecidos nos artigos 2.2º da Lei de expropiación forzosa e 5 do seu regulamento.

Pontevedra, 4 de marzo de 1998.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

Relación que se cita con expresión de número de predio, titular, datos catastrais (polígono e parcela) e natureza.

Termo municipal: Caldas de Reis

Predio NºTitular e domicilioAfecciónCatastroNaturezaCitación

Lnx. M.L.O.Tem.mPolíg.ParcelaMesDíaHora

PO-CA-1143Descoñecido2322579271Terra laborMarzo309.30

PO-CA-1145Descoñecido7979579274Terra laborMarzo309.30

PO-CA-1199Descoñecido51478590Terra laborMarzo309.30

PO-CA-1227Descoñecido34075362Terra laborMarzo309.30

PO-CA-1322/1Descoñecido2920074319Monte altoMarzo309.30

PO-CA-1340Descoñecido02072899Monte altoMarzo309.30

PO-CA-1341Descoñecido01572893Monte altoMarzo309.30

Termo municipal: Vilagarcía de Arousa

Predio NºTitular e domicilioAfecciónCatastroNaturezaCitación

Lnx. M.L.O.Tem.mPolíg.ParcelaMesDíaHora

PO-VA-15Descoñecido050038213AparcamentoMarzo3012

PO-VA-20Descoñecido42838PradoMarzo3012

PO-VA-74Descoñecido06035194Monte altoMarzo3012

PO-VA-75Descoñecido02535195Monte baixoMarzo3012

PO-VA-87Descoñecido03635342Monte altoMarzo3012

PO-VA-108Descoñecido151653354PradoMarzo3012

PO-VA-126Descoñecido03036952AparcamentoMarzo3012

0489