Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Venres, 13 de marzo de 1998 Páx. 2.554

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (272/1997).

Anúnciase que o Concello Pleno, en sesión ordinaria celebrada o día 16 de febreiro de 1998, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

«O Concello Pleno, por catorce votos a favor e trece votos en contra, acordou que, visto que non se presentaron alegacións, e logo de informe favorable da CPTPOV, apróbase definitivamente a modificación puntual do PXOU de Ourense, réxime peonil rúa San Domingos, no tramo do parque de San Lázaro-rúa Capitán Eloy, sempre que o número de prazas de garaxe non exceda dunha para vivenda e unha para cada 100 m de local comercial, a pedimento de Juan-Luis Brasa Gómez».

O que se fai público de conformidade co disposto no artigo 48 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Ourense, 19 de febreiro de 1998.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde-presidente