Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Venres, 13 de marzo de 1998 Páx. 2.554

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (140/1997).

Anúnciase que a Comisión Municipal de Goberno, en sesión ordinaria con data do 26 de febreiro, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1. Aprobar inicialmente, por instancia de Eladio Vázquez Rodríguez, o proxecto de urbanización da zona 10 B do SU-32 do PXOU de Ourense, logo de constitución de garantía polo importe de trinta e un millóns de pesetas (31.000.000 de ptas.) para asegura-la correcta execución das obras e o seu carácter previo ou simultáneo coas da edificación.

De conformidade co disposto no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese o citado expediente á exposición pública polo prazo dun mes, que empezará a contar a partir do día seguinte á última publicación oficial deste anuncio, para que tódalas persoas interesadas poidan achega-las alegacións que coiden pertinentes.

Este anuncio suple as circunstancias que poidan concorrer ó disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 3 de marzo de 1998.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde