Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Venres, 13 de marzo de 1998 Páx. 2.554

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (137/1997).

Anúnciase que a Comisión Municipal de Goberno en sesión ordinaria con data 12 de febreiro de 1998 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1. Aprobar inicialmente, a instancia de Gumersindo López González o proxecto de urbanización en Vilar das Tres, Ourense, previa constitución de garantía polo importe dun millón centro noventa mil setecentas setenta e tres pesetas (1.190.773 ptas.) para asegura-la correcta execución das obras e o seu carácter previo ou simultáneo coas da edificación.

De conformidade co disposto no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia sométese o citado expediente, a exposición pública polo prazo dun mes que empezará a contar a partir

do día seguinte á última publicación oficial deste anuncio, para que tódalas persoas interesadas poidan achega-las alegacións que estimen pertinentes.

Este anuncio suple as circunstancias que poidan concorrer ó disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 18 de febreiro de 1998.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde