Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Venres, 13 de marzo de 1998 Páx. 2.551

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 1998, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Provincial-Rebullón de Pontevedra, pola que se anuncia concurso público para a contratación do servicio de limpeza do Hospital Provincial de Pontevedra, mediante procedmento aberto (CP 2/1998).

A Xerencia do Complexo Hospitalario Provincial-Rebullón de Pontevedra, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da Orde do 22 de maio de 1996 (DOG do 6 de xuño) da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, convoca o seguinte concurso público:

1. Nome e enderezo do servicio: Servicio de Subministracións e Contratación Administrativa do Complexo Hospitalario Provincial-Rebullón de Pontevedra. Hospital provincial, r/ Loureiro Crespo, 2,

36001 Pontevedra. Teléfono (986) 86 23 63. Fax: (986) 84 79 41.

2. Categoría do servicio e descrición: categoría 14 limpeza de edificios, por un importe total de 189.000.000 de ptas., IVE incluído.

3. Lugar de execución: Hospital Provincial de Pontevedra.

4. a) Posibilidade de que, conforme a normas legais, regulamentarias ou administrativas, se reserve a prestación do servicio a unha determinada profesión: non.

b) Referencia á dita norma legal, regulamentaria ou administrativa:

c) Posibilidade de que as persoas xurídicas deban indica-los nomes e a cualificación do responsable da execución do servicio: si.

5. Posibilidade de que os prestadores de servicios liciten para unha parte dos servicios de que se trate: non.

6. Se é o caso, prohibición de variantes: non se admiten variantes.

7. Duración do contrato ou prazo para realiza-lo servicio: desde a formalización do contrato ata o 31 de decembro de 1998, aínda que poderá ser obxecto de prorróga por mutuo acordo das partes.

8. a) Nome e enderezo do servicio ó que pode solicitarse a documentación pertinente: o que figura no punto 1.

b) Prazo para efectua-la dita solicitude: 13 de abril de 1998.

c) Se é o caso, gastos de obtención dos ditos documentos e modalidades de pagamento: non.

9. a) Data límite de recepción de ofertas: 20 de abril de 1998.

b) Persoas admitidas para asistiren á apertura de plicas: apertura en acto público.

c) Data, hora e lugar de apertura das ofertas: na sala de xuntas do edificio administrativo no Hospital Provincial de Pontevedra, a partir das 9 horas do día 4 de maio de 1998.

10. Garantías esixidas:

a) Provisional: 2% do orzamento máximo autorizado.

b) Definitiva: 4% do orzamento autorizado.

Constituirase segundo o disposto nos artigos 36 e 37, respectivamente, da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

11. Modalidades básicas de financiamento e de pagamento e/ou referencias ás disposicións pertinentes: mensual, en diñeiro.

12. Se é o caso, forma xurídica que deberá achega-la unión de empresas adxudicatarias do contrato: nos termos previstos no artigo 24 da Lei 13/1995.

13. Datos referentes á situación do prestador de servicios e datos e formalidades necesarias para avalia-las condicións mínimas de carácter económico e técnico ás que deberá axustarse o prestador de servicios: as condicións que se establecen nos apartados 7 e 8 do prego de cláusulas administrativas particulares.

14. Prazo durante o cal o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: durante 3 meses, desde a data de apertura das proposicións.

15. Criterios que se utilizarán para a adxudicación do contrato e, se é posible, orde de importancia:

*Calidade técnica: 50%.

*Prezo ofertado: 40%.

*Innovacións actualizacións e achega de melloras: 10%.

16. Información complementaria: ver servicio que figura no punto 1.

17. a) Data do anuncio de información previa.

b) Data de envío do anuncio: 26 de febreiro de 1998.

18. Data de recepción do anuncio pola oficina de publicacións oficiais das comunidades europeas (reservado á OPOCE).

Pontevedra, 13 de febreiro de 1998.

Alfredo García Iglesias

Director xerente do Complexo Hospitalario

Provincial-Rebullón de Pontevedra