Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Venres, 13 de marzo de 1998 Páx. 2.550

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 12 de febreiro de 1998, da Xerencia do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos de Ferrol, pola que se anuncia concurso público plurianual 13/1998 para a adquisición de material de esterilización, bolsas de nutrición e equipos para administración de fluídos (tramitación ordinaria).

A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos de Ferrol, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, do 22 de maio de 1996 (DOG nº 111, do 6 de xuño), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Sergas, convoca o seguinte concurso público plurianual:

1. Entidade adxudicadora: Servicio Galego de Saúde, Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos de Ferrol.

a) Dependencia que tramita o expediente: servicio de Subministracións, Unidade de Contratación.

b) Número de expediente: CP 13/1998.

2. Obxecto da contratación.

a) Descrición do obxecto: material de esterilización, bolsas de nutrición e equipos para administración de fluídos.

b) División en lotes: as empresas licitantes poderán presentar oferta á totalidade da subministración ou a un ou máis lotes por separado.

Lote 1: bolsas esterilización.

Lote 2: controis esterilización.

Lote 3: papel esterilizar.

Lote 4: alongadores.

Lote 5: alongadores con chave.

Lote 6: bolsas nutrición.

Lote 7: chaves.

c) Lugar de entrega: depenencias do almacén xeral, sito no edificio anexo de administración, estrada de San Pedro, s/n, en Ferrol.

d) Prazo límite de entrega: ve-la folla de espedificacións.

3. Tramitación, procedemento e modalidade de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Modalidade: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

9.289.950 pesetas.

5. Garantías.

Provisional: 2% do orzamento de licitación ou de cada lote.

6. Obtención de documentación e información.

O prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria estarán de manifesto e á disposición dos concursantes para o seu exame no Servicio de Subministracións do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos, estrada de San Pedro, s/n, 15405 Ferrol (A Coruña). Teléfono (981) 33 40 32. Fax: (981) 33 40 84.

7. Requisitos específicos do contratista.

As solvencias económica, financeira e técnica acreditaranse por algún de entre os documentos sinalados nos anexos I e II do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Prazo límite de presentación: antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a especificada no apartado 8 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: ve-lo punto 1, rexistro xeral.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses desde a data de apertura de proposicións.

e) Admisión de variantes: non se admite a presentación de variantes.

9. Apertura das proposicións.

Será realizada en acto público pola mesa de contratación, na sala de xuntas do citado complexo hospitalario, a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura terá lugar o día hábil seguinte.

10. Outras informacións.

Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax ou telegrama no mesmo día, de conformidade co artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado. Sen a concorrencia de ámbolos dous requisitos, non será admitida a proposición se é recibida polo órgano de contratación con posterioridade á data de terminación do prazo sinalado neste anuncio. Transcorridos, con todo, dez días naturais seguintes á indicada data sen ter recibida a mencionda proposición, esta non será admitida en ningún caso.

Os criterios que se seguirán para a adxudicación do contrato son os que se establecen no apartado 6 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos de anuncios.

O importe do anuncio da presente resolución na prensa e nos boletíns oficiais será por conta do adxudicatario ou adxudicatarios.

Ferrol, 12 de febreiro de 1998.

Pedro Molina Coll

Director xerente do Complexo Hospitalario

Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos de Ferrol