Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Venres, 13 de marzo de 1998 Páx. 2.543

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 11 de febreiro de 1998, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Provincial de Pontevedra-Psiquiátrico Rebullón, pola que se anuncia o concurso público 3/1998, polo procedemento aberto, para a contración da subministración sucesiva de gasóleo C no Hospital Provincial de Pontevedra, trámite ordinario.

A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Provincial de Pontevedra-Rebullón, en virtude das atribucións que lle foron delegadas de acordo co establecido no artigo 7 da orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 22 de maio de 1996 (DOG 111, do 6 de xuño), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Sergas, convoca o seguinte concurso público:

Obxecto e orzamento:

Contratación de: subministración sucesiva gasóleo C, combustible para calefacción a granel. Determinación do prezo máximo por litro.

Orzamento: 32.448.000 ptas. (trinta e dous millóns catrocentas corenta e oito mil pesetas).

Prazo de execución: desde o asinamento do contrato ata o 31 de decembro de 1998.

Forma de adxudicación: procedemento aberto por medio de concurso público, trámite ordinario nº 3/98.

Admisión de variantes: non se admitirán variantes.

Solvencia económica e financeira: acreditarase polos medios previstos no artigo 16 da Lei 13/1995, de contratos da Administración pública.

Solvencia técnica: acreditarase polos medios previstos no artigo 18 da Lei 13/1995, de contratos da Administración pública.

Fianza provisional: a contía da fianza provisional (por valor do 2% do orzamento total de contrato) é de seiscentas corenta e oito mil novecentas sesenta pesetas (648.960 ptas.).

Criterios de adxudicación:

Nº ordeCriterio de adxudicaciónPuntuación

1Valoración económicaAta 5 puntos

2Capacidade e medios de distribuciónAta 2 puntos

3Melloras adicionais nas prestacións requiridasAta 2 puntos

4Experiencia previa da empresaAta 1 punto

Documentación de interese para os licitadores: os pregos de cláusulas administrativas particulares e prescricións técnicas e demais documentación complementaria poden ser solicitados no Servicio de Subministracións e Contratación do Complexo Hospitalario Provincial-Rebullón, r/ Loureiro Crespo nº 1, das 9 ás 14 horas, de luns a venres. (Tfno. (986) 86 23 63 e fax (986) 84 79 41).

Presentación de proposicións: deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral deste complexo hospitalario, antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado desde o seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou enviadas por correo dentro de prazo sinalado.

Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax (986) 84 79 41 ou telegrama no mesmo día, de conformidade coa lexislacion vixente.

Apertura de proposicións: terá lugar nun acto público na sala de xuntas do Complexo Hospitalario Provincial-Rebullón ás 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte día a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar no día hábil seguinte.

Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: o pagamento dos anuncios do presente concurso público seran por conta do/s adxudicatario/s do contrato.

Pontevedra, 11 de febreiro de 1998.

Alfredo García Iglesias

Director xerente do Complexo Hospitalario

Provincial-Rebullón de Pontevedra