Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Venres, 13 de marzo de 1998 Páx. 2.542

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 9 de marzo de 1998 pola que se anuncia concurso público aberto, por trámite de urxencia, para a contratación da subministración dun vehículo modalidade turismo para o Ente Público Portos de Galicia.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Ente Público Portos de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: servicios centrais do Ente Público Portos de Galicia.

c) Número de expediente: SC.SUB-01/98.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: subministración dun vehículo modalidade turismo para o Ente Público Portos de Galicia.

b) Número de unidades para entregar: 1.

c) Lugar de entrega: sede central do Ente Público Portos de Galicia.

e) Prazo de entrega: 2 meses contados desde o día seguinte ó da notificación da adxudicación do contrato, salvo que o adxudicatario ofertase outro menor.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente e anticipada de gasto.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación:

Importe total: 3.480.000 pesetas (IVE incluído).

5. Garantías:

Provisional: 2% do orzamento base de licitación: 69.600 ptas.

Definitiva: 4% do orzamento base de licitación: 139.200 ptas.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Ente Público Portos de Galicia.

b) Domicilio: Área Central, praza de Europa, 5 A-6º.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15707.

d) Teléfono: (981) 54 45 02.

e) Telefax: (981) 54 53 37.

f) Data límite de obtención de documentos e información:

A data límite de presentación de ofertas ou solicitudes de participación.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se esixe.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: ás 14 horas do décimo terceiro día natural contado desde o día seguinte ó da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia.

De coincidir en día inhábil ou sábado o prazo será prorrogado ata as catorce horas do seguinte día hábil.

b) Documentación para presentar: a esixida no prego de cláusulas particulares.

c) Lugar de presentación: ante a entidade, domicilio, localidade e código postal especificado no número 6.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas:

Na entidade, domicilio e localidade especificada no punto 6 do presente anuncio. A mesa de contratación reunirase ás doce horas do décimo día natural contado desde o día seguinte da finalización do prazo de admisión de ofertas deste anuncio. De coincidir en día inhábil ou sábado o prazo será prorrogado ata as doce horas do seguinte día hábil.

A mesa de contratación cualificará previamente a documentación do sobre A, e publicará no taboleiro de anuncios da sede central do ente, o resultado da dita cualificación para que se emenden, dentro do prazo que se indique, os defectos materiais observados na documentación.

10. Gastos do anuncio: serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 9 de marzo de 1998.

Emilio García Gallego

Presidente do Ente Público Portos de Galicia