Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Venres, 13 de marzo de 1998 Páx. 2.542

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 10 de febreiro de 1998, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación das propostas de resolución, dos expedientes sancionadores de incendios forestais IF 97/97 e 100/97 devoltas polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan, que con esta data resolvín publica-las propostas de resolución do procedemento sancionador que se instrúe por infracción á Lei 81/1968, do 5 de decembro, sobre incendios forestais, e o seu regulamento aprobado polo Decreto 3769/1972, do 23 de decembro (BOE 13-2-1973), por non ser posible a notificación a través do servicio de correos.

Os interesados disporán dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para achegar, por escrito, cantas alegacións, documentos, informacións ou propostas de probas consideren conveniente en defensa dos seus dereitos.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberán emprega-los impresos normalizados que lles serán facilitados na Delegación Provincial de Lugo, Ronda da Muralla, 70.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade san

cionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE número 189, do 9 de agosto de 1993).

Lugo, 10 de febreiro de 1998.

Fernando Rengifo Méndez Núñez

Instructor do expediente

ANEXO

-Expediente número: IF 97/97.

Denunciado: Alejandro Juan Cadarso Cerdeiriña.

DNI: 32.759.132.

Último enderezo coñecido: Avda. de Arteixo, 4-8º, A Coruña.

Feitos imputados: depositar un vehículo semidespezado no monte, marca Citroën, matrícula M-5221-NJ; malia estar prohibido acumular lixo en zonas forestais, sen autorización.

Precepto sancionador: artigo 136.j) e 137.e) do Regulamento de incendios.

Cualificación infracción: grave.

Sanción: 12.000 ptas.

-Expediente número: IF 100/97.

Denunciado: Ramón Roca Montenegro.

DNI: 33.850.701.

Último enderezo coñecido: As Fontiñas, 2º-4, Vilalba (Lugo).

Fitos imputados: depositar un vehículo en zona forestal, marca Seat 1200 Sport, matrícula C-3277-J, rodeado de mato e próximo arboredo; maila estar prohibido acumular lixo en zonas forestais, sen autorización.

Precepto sancionador: artigo 136.j) e 137.e) do Regulamento de incendios.

Cualificación infracción: grave.

Sanción: 12.000 ptas.