Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Venres, 13 de marzo de 1998 Páx. 2.539

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 25 de febreiro de 1998, da Secretaría Xeral da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, pola que se fan públicas as adxudicacións definitivas dos contratos administrativos que se citan.

O secretario xeral, actuando en nome do conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, por dele

gación de competencias, segundo a Orde do 17 de decembro de 1997, resolveu adxudica-los seguintes contratos:

-Subministración dun equipamento de descarga, transporte e pesaxe de moluscos con destino ó porto pesqueiro de Vilanova de Arousa (lote nº 1: guindastre articulado).

Adxudicatario: Hitraf, S.A.

Importe: 8.650.000 ptas.

-Subministración e instalación dunha máquina de fabricación de xeo con destino ó porto pesqueiro do Grove.

Adxudicatario: Toubes y Sebio, S.L.

Importe: 5.600.000 ptas.

-Subministración de dúas carretas elevadoras con destino ós portos pesqueiros de Porto do Son e Cedeira.

Adxudicatario: Gallega de Manutención, S.L.

Importe: 5.950.000 ptas.

O que se fai público para efectos do previsto no artigo 94, da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, e 199 do regulamento.

Santiago de Compostela, 25 de febreiro de 1998.

P.D. (Orde 17-12-1997)

Juan José Álvarez Pérez

Secretario xeral da Consellería de Pesca,

Marisqueo e Acuicultura