Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Venres, 13 de marzo de 1998 Páx. 2.538

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 5 de marzo de 1998 pola que se anuncia a contratación, polo sistema de concurso aberto e polo trámite de urxencia, do servicio consistente na instalación, montaxe e atención dun stand institucional da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, no XII Salón Internacional do Club de Gourmets (Madrid).

A Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria resolveu convoca-la seguinte contratación polo sistema de concurso aberto e polo trámite de urxencia:

Obxecto: contratación do servicio consistente na instalación, montaxe e atención dun stand institucional da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, no XII Salón Internacional do Club de Gourmets (Madrid), de acordo cos proxectos e pregos aprobados para isto.

Orzamento de licitación: trece millóns cincocentas mil pesetas (13.500.000 ptas.).

Garantía provisional: duascentas setenta mil pesetas (270.000 ptas.).

Garantía definitiva: cincocentas corenta mil pesetas (540.000 ptas.).

Clasificación: non é necesaria.

Prazo de execución: vinteoito de abril de mil novecentos noventa e oito.

Exposición do proxecto e pregos: o proxecto, así como o prego de cláusulas administrativas particulares estarán a disposición dos licitadores para o seu exame durante o prazo de presentación de proposicións, os días e horas hábiles de oficina, no Servicio de Promoción Agroalimentaria da Dirección Xeral de Industrias e Alimentación da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria (edificios administrativos, San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, A Coruña).

Modelo de proposición: a proposición económica formularase estrictamente conforme o modelo que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

Presentación e apertura de proposicións: as proposición serán entregadas no rexistro xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria ou en calquera das vías admitidas polo artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, antes das 14 horas do día 7 de abril de 1998.

A apertura de proposicións terá lugar en acto público ás 13 horas do día 14 de abril de 1998, na sala de xuntas da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria (edificios administrativos San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, A Coruña).

Gastos de publicación: serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 5 de marzo de 1998.

P.D. (Orde 15-12-97, DOG nº 243, 17-12-97)

Ángel Bernardo Tahoces

Secretario xeral da Consellería de Agricultura,

Gandería e Política Agroalimentaria