Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Venres, 13 de marzo de 1998 Páx. 2.537

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 2 de marzo de 1998, da Dirección Xeral de Industria, pola que se aproba a modificación do proxecto de execución e se autoriza a Enagás, S.A. a instalación de Gasificación de Galicia: Ramal a Ferrol; addenda 1, no termo municipal de Pontedeume.

Vistos o escrito e documentación presentados pola empresa Enagás, S.A., con enderezo para efectos de notificacións en Avda. de América, nº 38, 28028 Madrid, esta dirección xeral ten en conta os seguintes feitos:

Primeiro.-Con data do 18 de febreiro de 1997, a Consellería de Industria e Comercio otorgou a Enagás, S.A. a concesión administrativa para a conducción e subministración de gas natural para usos industriais no termo municipal de Pontedeume.

Segundo.-Con data do 19 de febreiro de 1997, esta dirección xeral aprobou o proxecto de execución

e autorizou as instalacións determinadas no proxecto de Gasificación de Galicia: Ramal a Ferrol.

Terceiro.-Con data do 6 de outubro de 1997, a referida empresa solicitou, ó abeiro do establecido na Lei 10/1987, do 15 de xuño, no artigo 9 do Regulamento xeral do servicio público de gases combustibles, para os efectos previstos no artigo 20 desta en relación co Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, a autorización da modificación de instalacións descrita no proxecto de execución denominado Gasificación de Galicia: Ramal a Ferrol, addenda 1, e a aprobación do citado proxecto, que foi redactado conforme o esixido polo Regulamento de redes e conexións de combustibles gasosos, aprobado por orde do Ministerio de Industria do 18 de novembro de 1974, modificado polas ordes do Ministerio de Industria e Enerxía do 26 de outubro de 1983, do 6 de xullo de 1984 e 9 de marzo de 1994.

As modificacións, que teñen por obxecto posibilita-la subministración a unha futura rede de distribución de gas natural, son as seguintes:

-Cambio de situación da posición I-014.2; situarase a uns 3.437 m ó sur da situación inicial xunto ó vértice V-40 e distante del uns 40 m.

-Cambio de válvula de seccionamento manual a válvula de seccionamento telemandada MOV-1 de 8'' e válvula telemandada MOV-2 de 4''.

-Liña eléctrica de 15 kV, de 99,5 m. de lonxitude e centro de transformación de 25 kVA, montado en intemperie.

Cuarto.-A referida addenda ó proxecto, xunto coa relación de bens e dereitos afectados, someteuse á información pública mediante resolución desta dirección xeral do 31 de outubro de 1997, publicada no Diario Oficial de Galicia do 1 de xullo de 1997, no BOP da Coruña do 19 de xuño de 1997, no xornal La Voz de Galicia do 11 de xuño de 1997, en extracto no BOE do 1 de xullo de 1997, e exposta, igualmente, no taboleiro de anuncios do Concello de Pontedeume e no da delegación provincial da Coruña.

Dentro do período establecido para isto, Juan Luis Brage Cortizas, propietario do predio C-PD-20-POV, presentou un escrito de alegacións solicitando o traslado da estación de regulación e medida ó predio estremeiro, identificada no catastro de rústica como polígono 15, parcela 352, tamén da súa propiedade, por causarlle un menor prexuízo ou, subsidiariamente, que se sitúe o máis cerca posible da pista contigua. Tamén solicita que se inclúan ó seu nome, na relación de bens e dereitos, os predios estremeiros identificados como polígono 15, parcelas 314 e 358, afectados pola construcción da liña eléctrica, así como que a dita liña eléctrica sexa canalizada subterraneamente para unha maior protección e porque a zona na que se farán as obras está actualmente encravada nun parque natural.

A alegación foi enviada á empresa beneficiaria para a súa contestación.

Quinto.-A solicitude obxecto deste expediente recibiu o informe favorable da Delegación Provincial da Coruña.

Fundamentos de dereito:

Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria é a competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de Autonomía de Galicia, o Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro, e o Decreto 209/1990, do 15 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, modificado polos decretos 140/1991, do 2 de maio, 292/1995, do 3 de novembro e 187/1997, do 3 de xullo, en relación coa Lei 10/1987, do 15 de xuño, de normas básicas para un desenvolvemento coordinado de actuncións no sector de combustibles gasosos, co Decreto 2913/1973, do 9 de decembro, polo que se aproba o Regulamento xeral do servicio público de gases combustible e co Decreto 1775/1967, do 22 de xuño, e en virtude do establecido no acordo do Consello da Xunta de Galicia do 6 de maio de 1993, polo que se designa a Consellería de Industria e Comercio como órgano por razón da materia para a tramitación da unidade de expediente e resolución única do

procedemento.

Segundo.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios.

Terceiro.-Á vista das alegacións formuladas por Luis Brage Cortizas e da contestación da empresa beneficiaria, dedúcese que Enagás, S.A. acepta o traslado da estación de regulación e medida ó predio estremeiro, identificado en catastro de rústica coa parcela 352 do polígono 15, de acordo co plano entregado polo interesado, por ser técnica e economicamente viable e non afectar a novos titulares; por outra banda, Enagás, S.A. procederá á rectificación da relación de bens e dereitos sinalada polo alegante, sen prexuízo de que durante o levantamento da acta previa aporte os títulos de propiedade que a acrediten. Por último, debemos desestima-lo paso da liña subterránea polos motivos aducidos, xa que a instalación cumpre tódolos regulamentos técnicos esixibles, co que a súa seguridade está garantida e atópase fóra do perímetro do parque natural das Fragas do Eume.

Esta dirección xeral, de acordo con todo o que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas

RESOLVE:

-Otorgarlle a Enagás, S.A. a autorización administrativa e a aprobación da modificación do proxecto de execución das instalacións que se determinan

na addenda 1 do proxecto Ramal a Ferrol, reflectidas no apartado terceiro dos antecedentes, correspondentes ó termo municipal de Pontedeume, de acordo coas seguintes condicións:

Primeira: as instalacións deberán realizarse de acordo co proxecto denominado Gasificación de Galicia: Ramal a Ferrol; addenda I, redactado por técnico competente.

Segunda: a esta modificación seranlle de aplicación igualmente as condicións establecidas na resolución desta dirección xeral do 19 de febreiro de 1997, xa citada.

Contra a presente resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse, se fose o caso, recurso ordinario ante o conselleiro de Industria e Comercio, no prazo dun mes contado desde o día seguinte á publicación ou notificación, conforme o establecido no artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Santiago de Compostela, 2 de marzo de 1998.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria