Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Venres, 13 de marzo de 1998 Páx. 2.537

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 25 de febreiro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se abre información pública para a autorización administrativa da planta de coxeración que se cita. (Expediente 97/807).

Para os efectos previstos no Decreto 2617/1996, do 20 de outubro, sométese a información pública a solicitude da empresa Maneiras, S.L., con domicilio social na estrada de San Pedro s/n 15405 Ferrol (A Coruña), para a autorización administrativa das instalacións que seguen:

Planta de coxeración que se instalará dentro do recinto da súa factoría situada no domicilio arriba citado, cunha potencia eléctrica total de 4012 kW, utilizándose gas natural como combustible en ciclo Otto que ten como obxectivo o aproveitamento simultáneo de calor e electricidade, e que basicamente se compón de:

-Catro grupos motor-alternador cunha potencia mecánica de 1.034 kW cada un e tensión de saída de 400 V.

-Catro transformadores de 1.250 kVA cada un, relación 400 V/20 Kv.

-Intercambiadores de calor.

-Instalacións de interconexión á rede eléctrica, mando, protección e medida.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas reclamacións ou oposición, no prazo de trinta días, nesta delegación provincial, edificio administrativo de servicios múltiples de Monelos, 15071 A Coruña.

A Coruña, 25 de febreiro de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña