Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Venres, 13 de marzo de 1998 Páx. 2.536

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/24-1).

Visto o expediente para otorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15000 A Coruña.

Denominación: Fuso M. Aboage, tramo-1/Tlf. Monteiño-Juan Montes.

Situación: A Coruña.

Descricións técnicas: liñas eléctricas subterráneas de media tensión, a 15/20 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V.-12/20 kV de 3 (1x240) mm Al de 255 m de lonxitude, con orixe na liña nomeada Hernán Sáez (expediente 33413) e final no C.T. Juan Montes (expediente 52392) de 255 m de lonxitude, con orixe na liña nomeada Hernán Sáez (expediente 33413) e final no C.T. Moraña (expediente 24710). A Coruña.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

A Coruña, 13 de febreiro de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña