Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Venres, 13 de marzo de 1998 Páx. 2.539

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación de resolucións en expedientes sancionadores en materia de espectáculos públicos. (Expediente 295/97 e cinco máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan as resolucións recaídas nos expedientes sancionadores por infracción da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá, por non ser posible a súa notificación.

O importe da sanción farase efectivo en calquera entidade bancaria, na conta restrinxida de recadación de multas e sancións de espectáculos públicos desta delegación provincial número 3110000025 de Caixa Galicia-Urbana nº 40 da Coruña, no prazo de quince días hábiles contados a partir do día seguinte no que esta resolución sexa executiva. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta delegación provincial, sita en Fernando Macías 18-1º A Coruña.

Transcorrido o citado prazo cobrarase pola vía administrativa de constrinximento.

No obstante o anterior, e de conformidade co disposto no artigo 114 e concordantes da Lei 30/1992, do 26 de decembro, contra esta resolución que non esgota a vía administrativa cabe formular recurso ordinario perante o conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación desta notificación.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso, sen que este se presente, esta resolución será firme para tódolos efectos regulamentarios.

A Coruña, 13 de febreiro de 1998.

Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

ANEXO

Número de expediente: 295/97.

Denunciado: Vip La Cabana, S.L.

DNI/CIF: B 33.653.353.

Enderezo: Españoleto número 21-23, 4º D; Ferrol.

Establecemento: Discoteca La Nave.

Precepto infrinxido: 26c) L.O. 1/92.

Precepto sancionador: 28 L.O. 1/92.

Sanción: Sobreser.

Número de expediente: 296/97.

Denunciado: Vip La Cabana, S.L.

DNI/CIF: B 33.635.353.

Enderezo: Españoleto número 21-23, 4º D; Ferrol.

Establecemento: Discoteca La Nave.

Precepto infrinxido: 26c) L.O. 1/92.

Precepto sancionador: 28 L.O. 1/92.

Sanción: Sobreser.

Número de expediente: 856/97.

Denunciado: Vip La Cabana, S.L.

DNI/CIF: B 33.653.353.

Enderezo: Españoleto número 21-23, 4º D; Ferrol.

Establecemento: Discoteca La Nave.

Precepto infrixido: 26c) L.O. 1/92.

Precepto sancionador: 28 L.O. 1/92.

Sanción: 50.000 ptas.

Número de expediente: 917/97.

Denunciado: José Lino Albán Bello.

DNI/CIF: 76.991.845.

Enderezo: Pousa, Iria, Padrón.

Establecemento: Start Night.

Precepto infrinxido: 26c) L.O. 1/92.

Precepto sancionador: 28 L.O. 1/92.

Sanción: 20.000 ptas.

Número de expediente: 194/97.

Denunciado: Mª del Carmen Suárez Pérez.

DNI/CIF: 32.442.354.

Enderezo: travesía San Xosé número 2.2º Esqda; A Coruña.

Establecemento: La Luna.

Precepto infrinxido: 26c) L.O. 1/92.

Precepto sancionador: 28 L.O. 1/92.

Sanción: Sobreser.

Número de expediente: 558/97.

Denunciado: Cándido Mariano Herrrero Sánchez.

DNI/CIF: 32.393.974.

Enderezo: Pardo Bazán número 42-2º; A Coruña.

Establecemento: Finita For You.

Precepto infrinxido: 26c) L.O. 1/92.

Precepto sancionador: 28 L.O. 1/92.

Sanción: sobreser.