Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Xoves, 12 de marzo de 1998 Páx. 2.512

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno do Concello, en sesión do 9 de febreiro de 1998, aprobou inicialmente o estudio de detalle e delimitación da U-12 (Trompas-Parque Urbano de Belvís), promovido pola sociedade mercantil Rivasher, S.L. O expediente exponse ó público no Negociado de Planeamento e Xestión polo prazo dun mes contado desde a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia co obxecto de que os interesados poidan presenta-las alegacións que xulgen oportunas.

O ámbito da actuación está comprendido entre os seguintes lindes:

Norte.-Terreos do colexio San Paio.

Sur.-Rúa das Trompas (edificio nº 1, 1A, 1B).

Leste.-Terreos cualificados no plan xeral para o emprazamento do parque urbano de Belvís (PU-5).

Oeste.-Traseiras dos edificios que dan fronte á rúa Virxe da Cerca (nº 23 a 29).

Santiago de Compostela, 2 de marzo de 1998.

O alcalde

Rubricado