Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Xoves, 12 de marzo de 1998 Páx. 2.511

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 11 de febreiro de 1998 pola que se anuncia a licitación para a contratación das obras incluídas no proxecto de modificación das liñas de iluminación pública, afectadas con motivo das obras de acondicionamento da estrada PO-223 tramo Pontevedra-Campo Lameiro.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Pontevedra, praza de España s/n, 36071 Pontevedra.

A) Órgano de contratación: Comisión de Goberno.

B) Dependencia que tramita o expediente: Unidade de Contratación e Patrimonio.

2. Obxecto do contrato:

A) Descrición do obxecto: execución das obras comprendidas no proxecto de referencia.

B) Plazo de execución: trinta días.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

A) Tramitación: ordinaria.

B) Procedemento: aberto.

C) Forma: poxa.

4. Orzamento da licitación: 5.643.213 ptas., incluídos todo xénero de gastos, IVE e dirección técnica da obra.

5. Garantías:

A) Provisional: 112.864 ptas.

B) Definitiva: 225.729 ptas.

6. Obtención de documentación e información:

A) Lugar: Unidade de Contratación e Patrimonio do Concello de Pontevedra, Praza de España s/n, Pontevedra 36071. Teléfono: (986) 80 43 00. Telefax: 86 01 02.

B) Data límite de obtención de documentos e información: vinteseis (26) días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

7. Presentación das ofertas:

A) Data límite de presentación: vinteseis días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

B) Documentación que se presentará: cláusula 12ª do prego.

C) Lugar de presentación: rexistro xeral do Concello de Pontevedra. En horario de 9 a 13 horas.

D) Prazo durante o cal o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: vinte días.

8. Apertura das ofertas: pola mesa de contratación o primeiro mércores seguinte hábil ó do remate do prazo sinalado para a presentación das ofertas, ás 8.30 horas na sala de xuntas.

9. Gastos: serán de conta do adxudicatario os seguintes gastos:

A) Os dos anuncios que xere a poxa e os seus actos preparatorios.

B) Os tributos estatais, autonómicos e municipais que deriven do contrato de execución da obra, incluído o IVE.

C) Os de formalización do contrato de adxudicación en documento administrativo de conformidade coa ordenanza fiscal regulamentadora da taxa.

D) Os gastos de dirección técnica das obras.

Pontevedra, 11 de febreiro de 1998.

Juan Luís Pedrosa Fernández

Alcalde

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral