Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Xoves, 12 de marzo de 1998 Páx. 2.511

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO (FG-253).

O Concello Pleno, en sesión celebrada o día 7 de febreiro de 1997, acordou aprobar definitivamente a delimitación do ámbito do P.A.-1 de acordo coa resolución das alegacións e plano denominado reformado da delimitación, e a fixación do sistema de actuación como o de cooperación, e declara-la non necesariedade de reparcelación elevando a públicas as cesións inherentes ó ámbito, na urbanización Bastiagueiro (Oleiros).

Contra este acordo, que lle pon fin á vía administrativa, poderá interpor recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses a partir do día seguinte a aquel no que reciba a presente notificación. De interpoñelo, advírteselle que o artigo 110.3º da lei require a comunicación previa ó órgano que dictou o acto impugnado. Tamén poderá interpo-lo recurso extraordinario de revisión cando concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 118 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, polo que se aproba o réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, nos prazos establecidos no apartado 2º do mesmo artigo 118. Todo isto sen prexuízo do dereito dos interesados para formula-la solicitude e a instancia a que se refiren os artigos 102.1º e 105.2º da citada lei.

Oleiros, 29 de xaneiro de 1998.

Esther Pita Pita

Alcaldesa-presidenta