Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Xoves, 12 de marzo de 1998 Páx. 2.510

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

ANUNCIO.

A Corporación Municipal, en sesión plenaria celebrada o día 2-2-1998, acordó aprobar definitivamente o Plan especial de protección do río Miño e das áreas de influencia dos maiores leitos permanentes (PEPRIM).

Contra este acordo, que é definitivo en vía administrativa, poderase interpor, no prazo de dous meses, recurso contencioso-administrativo, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, sen prexuízo de que poida exercerse, se é o caso, calquera outro recurso que se considere procedente.

Lugo, 6 de febreiro de 1998.

Visto e prace

P.D. (Decreto Alcaldía 60/1995)

Ramón Jaime Arias Roca

Tenente alcalde delegado de área

José A. Mourelle Cillero

Vicesecretario habilitado