Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Xoves, 12 de marzo de 1998 Páx. 2.512

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de contratación por poxa aberta das obras do proxecto de substitución de tubería de abastecemento de fibrocemento por fundición na baixada a San Xoán e Primeira Travesía de Padre Celso.

1. Entidade adxudicante. Organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Infraestructuras e Obras, Patrimonio e Contratación. Número de expediente 23080/250.

2. Obxecto do contrato. Descrición: execución das obras do proxecto de substitución de tubería de abastecemento de fibrocemento por fundición na baixada a San Xoán e Primeira Travesía de Padre Celso.

Lotes: non.

Lugar de execución: Vigo (Pontevedra).

Prazo de execución: catro meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: poxa.

4. Orzamento base: 9.507.802 ptas.

5. Garantía provisional: 190.156 ptas.

6. Obtención de documentación e información: rexistro xeral do Concello de Vigo, Praza do Rei s/n 36202 Vigo. Teléfono (986) 81 01 48. Fax: (986) 81 02 40.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista:

Clasificación: non se esixe.

Outros requisitos: acredita-la solvencia económica e financeira na forma prevista nos artigos 15 e 16 da Leid e contratos das administracións públicas.

8. Presentación de ofertas. Prazo: 26 días naturais seguintes á publicación do derradeiro anuncio de licitación no BOP de Pontevedra e no DOG. Documentación: a esixida na cláusula 12 do prego de condicións. Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio. Prazo de obriga a mante-la oferta: 20 días contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura de ofertas. Entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio.

Data e hora: 10 horas do primeiro martes seguinte á data de finalización do prazo de presentación de proposicións.

10. Outras informacións: o modelo de proposición axustarase á cláusula 8 do prego de condicións.

11. Gastos dos anuncios: serán por conta dos adxudicatarios.

Vigo, 13 de febreiro de 1998.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde