Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Xoves, 12 de marzo de 1998 Páx. 2.503

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

CÉDULA do 18 de febreiro de 1998, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación de proposta de resolución formulada no expediente sancionador da Lei 1/1993, de protección de animais domésticos e salvaxes en catividade LU-275/1997, devolta polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de

novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ó denunciado cos datos persoais e último enderezo coñecido, que con esta data, se formula a correspondente proposta de resolución no expediente sancionador que se instrúe, por infracción á Lei 1/1993, de protección de animais domésticos e salvaxes en catividade.

O denunciado disporá dun prazo de quince (15) días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta cédula, para examina-lo expediente nesta delegación provincial, formular alegacións e presenta-los documentos e informacións que coide pertinentes ante o instructor do procedemento.

Lugo, 18 de febreiro de 1998.

Mauricio Alonso Troncoso

Instructor

ANEXO

Expediente: LU-275/1997.

DNI: 9810508.

Denunciado: Leyde Elvira Amez.

Último enderezo coñecido: Miguel Bravo, 5-1º. León.

Feito denunciado: atoparse o día 31 de agosto de 1997 no recinto das festas de San Ramón de Vilalba cunha tómbola denominada Tómbola La Oca-Bazar e ofrecer como premio mediante boletos, paxaros (loros, papagaios, canarios, periquitos) e un esquío.

Tipificación da infracción Lei 1/1993, de protección de animais domésticos e salvaxes en catividade:

Precepto infrinxido: artigo 5.1º.

Precepto sancionador: artigo 20 c), e) e 21.1º f).

Sanción proposta: 50.001 ptas.