Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Xoves, 12 de marzo de 1998 Páx. 2.503

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se abre información pública para a autorización administrativa da planta de coxeración que se cita. (Expediente 770/97).

Para os efectos previstos no Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a solicitude da empresa Papelera de Brandía, S.A., con domicilio social no lugar de Vidán, municipio de Santiago de Compostela, A Coruña, para a autorización administrativa da instalación que segue:

Unha planta de coxeración grupo d composta basicamente polos seguintes elementos:

-Cinco grupos motoxeradores de 998 kWm c/u a gas natural, potencia activa 972 kWe, cos seus equipos de protección e control, transformación e acoplamento.

-Intercambiadores de calor, caldeira de recuperación de calor gases-auga.

-Potencia eléctrica total 4.860 kWe.

A planta de coxeración vai instalarse na factoría da empresa, situada en Vidán, municipio de Santiago de Compostela-A Coruña.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas reclamacións ou oposición, no prazo de trinta días, nesta delegación provincial, edificio administrativo Monelos, 15071 A Coruña.

A Coruña, 13 de febreiro de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña