Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Xoves, 12 de marzo de 1998 Páx. 2.503

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 6 de marzo de 1998 pola que se anuncia, polo sistema de concurso aberto e trámite de urxencia, a contratación dos seguintes servicios: servicio de limpeza nos centros dependentes da Delegación de Ourense; servicio de limpeza no Arquivo do Reino de Galicia na Coruña; servicio de limpeza nos centros dependentes da Delegación de Pontevedra e servicio de limpeza nos centros dependentes de servicios centrais.

A Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anunciar, polo sistema de concurso, procedemento aberto e trámite de urxencia, a contratación dos seguintes servicios:

a) Servicio de limpeza nos centros dependentes da Delegación de Ourense.

-Orzamento de licitación: dezaseis millóns seiscentas vinte mil pesetas (16.620.000 ptas.), IVE incluído.

-Prazo de execución: doce (12) meses.

-Clasificación do contratista: non se esixe.

-Garantía provisional: 332.400 ptas.

b) Servicio de limpeza no Arquivo do Reino de Galicia na Coruña.

-Orzamento de licitación: dous millóns novecentas catro mil pesetas (2.904.000 ptas.), IVE incluído.

-Prazo de execución: doce (12) meses.

-Clasificación do contratista: non se esixe.

-Garantía provisional: 58.080 ptas.

c) Servicio de limpeza nos centros dependentes da Delegación de Pontevedra.

-Orzamento de licitación: nove millóns cincocentas oitenta e oito mil pesetas (9.588.000 ptas.), IVE incluído.

-Prazo de execución: doce (12) meses.

-Clasificación do contratista: non se esixe.

-Garantía provisional: 191.760 ptas.

d) Servicio de limpeza nos centros dependentes dos servicios centrais.

-Orzamento de licitación: catro millóns oito mil pesetas (4.008.000 ptas.), IVE incluído.

-Prazo de execución: doce (12) meses.

-Clasificación do contratista: non se esixe.

-Garantía provisional: 80.160 ptas.

Exposición dos pregos: os pregos de prescricións técnicas e os pregos de cláusulas administrativas estarán de manifesto para o seu exame no Servicio de Obras e Contratación da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo e nas delegacións provinciais durante o prazo de presentación de proposicións, de 10 a 14 horas, e no teléfono (981) 58 89 38.

Prazo de presentación de proposicións: será ata as 14 horas do décimo terceiro día natural, contados a partir do día seguinte da publicación da presente resolución no DOG.

Lugar de presentación de proposicións: no rexistro xeral da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente. Se as proposicións se cursan por correo, haberá que aterse ó previsto na cláusula 7.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Documentación que presentarán os licitadores: a establecida pola cláusula 7 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Os licitadores que concorran a máis dun servicio deberán presenta-la documentación para cada un deles.

Apertura de proposicións: será a realizada pola mesa de contratación ás 11 horas do quinto día natural seguinte ó do remate do prazo de admisión de proposicións na sala de xuntas da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Se coincide en sábado ou festivo, terá lugar o inmediato día hábil seguinte á mesma hora.

O importe do anuncio do presente concurso correrá por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 6 de marzo de 1998.

P.D. (Orde 15-12-1997, DOG nº 243, do 17)

Andrés González Murga

Secretario xeral da Consellería de Cultura,

Comunicación Social e Turismo