Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Xoves, 12 de marzo de 1998 Páx. 2.496

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

ORDE do 26 de febreiro de 1998 pola que se fixa o prezo de venda ó público de diversas publicacións da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

A Lei 13/1991, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, no seu artigo 6, sinala a obriga de que os prezos privados sexan publicados no Diario Oficial de Galicia.

Para cumprir este mandato e despois de emitido o preceptivo informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, esta consellería

DISPÓN:

Artigo único.

1. Quedan aprobados os prezos de venda ó público das publicacións que se relacionan no anexo.

2. Estes prezos entenderanse co IVE incluído.

Santiago de Compostela, 26 de febreiro de 1998.

Manuela López Besteiro

Conselleira de Familia e Promoción do Emprego,

Muller e Xuventude

ANEXO

-Sector da hostalería en Galicia. Necesidades de formación: 2.300 ptas.

-Sector da construcción en Galicia. Necesidades de formación: 2.000 ptas.

-Sector do granito e da lousa en Galicia. Necesidades de formación: 2.000 ptas.

-Sector da madeira en Galicia. Necesidades de formación: 2.500 ptas.