Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Xoves, 12 de marzo de 1998 Páx. 2.496

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 5 de marzo de 1998 pola que se anuncia a realización dunha xornada sobre Ramón de la Sagra.

A EGAP, no seu afán de recupera-la memoria de ilustres galegos, acordou declarar 1998 como ano de Ramón de la Sagra con motivo do bicentenario do seu nacemento.

Dentro das accións previstas para 1998, a EGAP anuncia a realización dunha xornada sobre Ramón de la Sagra que se celebrará conforme as seguintes bases:

1. Obxectivos: afondar no coñecemento da vida e obra de Ramón de la Sagra.

2. Destinatarios: persoal ó servicio das administracións públicas galegas, estudiantes universitarios e interesados en xeral.

3. Desenvolvemento:

-Lugar e data: a xornada terá lugar no salón de actos da delegación provincial da Consellería da Presidencia e Administración Pública na Coruña o día 1 de abril.

-Horarios: a partir das 9.30 horas, en sesións de mañá e tarde.

-Prazas: limitadas á capacidade do local.

4. Contido: versará sobre temas relacionados coa vida e obra de Ramón de la Sagra.

5. Tramitación de solicitudes.

As solicitudes irán dirixidas ó director da Escola Galega de Administración Pública, polígono das

Fontiñas, rúa de Madrid, 2-4, 15707 Santiago de Compostela, segundo o modelo que figura como anexo a esta convocatoria, e presentaranse no rexistro xeral da EGAP ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 3071992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Admitiranse tamén inscricións por telefax: (981) 54 63 37.

O prazo remata o 26 de marzo. Unha vez rematado o prazo e no caso de existiren prazas vacantes, admitiranse as peticións que cumpran os requisitos xerais da convocatoria.

6. Publicación e notificación da selección: a partir do 27 de marzo os solicitantes poderán obte-la confirmación da súa selección chamando por teléfono

en días laborabales de 12 a 14.30 horas ó número (981) 54 62 49, ou ben consultando a lista de seleccionados que se exporá no taboleiro de anuncios da EGAP.

7. Modificacións: a EGAP reserva para si a facultade de interpretar e resolve-las incidencias que puidesen xurdir no desenvolvemento da xornada, así como a de cancelalas, se é o caso, se o número de solicitudes non xustificase a súa realización.

8. Certificado de asistencia: outorgarase un certificado de asistencia ós alumnos que participen con regularidade na xornada.

Santiago de Compostela, 5 de marzo de 1998.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración

Pública