Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Mércores, 11 de marzo de 1998 Páx. 2.464

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 6 de febreiro de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se fan públicas as resolucións de imposición de sancións relativas ós expedientes sancionadores en materia de espectáculos públicos OR-E-0221/97 e OR-E-0223/97.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que se relacionan a continuación as resolucións recaídas nos expedientes sancionadores por infracción da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá, por non ser posible a súa notificación por correo certificado.

Número de expediente: OR-E-0221/97 e OR-E-0223/97.

Denunciado: Martín González Domínguez. DNI: 34.926.147-A.

Enderezo: r/ Concejo, 32-8ºC-Ourense.

Establecemento: Pub Dow'n 31 r/ Valle Inclán, 17-Ourense.

Precepto infrinxido: artigo 23 ñ), da Lei 1/1992, en relación co 26 e), da citada lei.

Importe da sanción: 50.100 ptas. e 75.000 ptas. respectivamente.

O importe da sanción farase efectivo en calquera entidade bancaria, na conta restrinxida de recadación de multas e sancións de espectáculos públicos desta delegación provincial número 2046-0030-27-404000200-4 de Caixa Ourense, sucursal Torre de Ourense, no prazo de quince días hábiles contados a partir do día seguinte no que esta resolución sexa executiva. Para efectua-lo ingreso deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados na oficina desta delegación provincial, sita en Avda. da Habana, 79-1ª esquerda en Ourense.

Transcorrido o citado prazo, cobrarase pola vía administrativa de constrinximento.

Non obstante o anterior, e de conformidade co disposto no artigo 114 e concordantes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso ordinario perante o conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións laborais, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación desta notificación.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, esta resolución será firme para tódolos efectos regulamentarios.

Ourense, 6 de febreiro de 1998.

José Lage Lage

Delegado provincial de Ourense