De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan as propostas de resolución dictadas nos expedientes sancionadores por infracción da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá, por non ser posible a súa notificación.
O interesado dispón dun prazo de 15 días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para formular alegacións e presenta-los documentos e informacións que coide pertinentes ante o instructor do procedemento, de conformidade co establecido no artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora.
A Coruña, 5 de febreiro de 1998.
Reyes Carabel Pedreira
Delegada provincial da Coruña
ANEXO
Número expediente: 876/97.
Denunciado: Chic Mera C.B.
DNI/CIF: E-15406200.
Enderezo: Celso Emilio Ferreiro, nº 32, Mera; Oleiros.
Establecemento: Chic Mera.
Precepto infrinxido: 26-e) LO 1/92.
Precepto sancionador: 28 LO 1/92.
Multa: 30.000 ptas.
Número expediente: 779/97.
Denunciado: Chic Mera C.B.
DNI/CIF: E-15406200.
Enderezo: Celso Emilio Ferreiro, nº 32 Mera; Oleiros.
Establecemento: Chic Mera.
Precepto infrinxido: 26-e) LO 1/92.
Precepto sancionador: 28 LO 1/92.
Multa: 40.000 ptas.