De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que se relacionan a continuación as resolucións recaídas nos expedientes sancionadores por infracción da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá, por non ser posible a súa notificación por correo certificado.
Número de expediente: OR-E-0231/97.
Denunciado: Mofergu, S.C. representada por Fernando Luis Torres.
Enderezo: r/ Valle Inclán, 25-Ourense.
Establecemento: Pub sitio r/ Valle Inclán, 25-Ourense.
Precepto infrinxido: artigo 26 e), da Lei 1/1992, do 21 de febreiro, e o 81.35º) do RXPEP e AR aprobado por R.D. 2816/1982, do 27 de agosto.
Importe da sanción: 25.000 ptas.
O importe da sanción farase efectivo en calquera entidade bancaria, na conta restrinxida de recadación de multas e sancións de espectáculos públicos desta delegación provincial número 2046-0030-24-404000200-4 de Caixa Ourense, sucursal Torre de Ourense, no prazo de quince días hábiles contados a partir do día seguinte no que esta resolución sexa executiva. Para efectua-lo ingreso deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados na oficina desta delegación provincial, sita en Avda. da Habana, 79-1ª esquerda en Ourense.
Transcorrido o citado prazo, cobrarase pola vía administrativa de constrinximento.
Non obstante o anterior, e de conformidade co disposto no artigo 114 e concordantes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso ordinario perante o conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación desta notificación.
Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, esta resolución será firme para tódolos efectos regulamentarios.
Ourense, 6 de febreiro de 1998.
José Lage Lage
Delegado provincial de Ourense