Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Mércores, 11 de marzo de 1998 Páx. 2.431

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 16 de febreiro de 1998 pola que se conceden axudas para cursar estudios de formación profesional en ramas con escasa demanda por parte do alumnado durante o curso 1997-1998.

Por Orde do 30 de xullo de 1997 (DOG do 10 de setembro de 1997) convocáronse axudas para cursar estudios de formación profesional en ramas con escasa demanda por parte do alumnado durante o curso 1997-1998.

Vista a proposta da comisión de selección prevista no artigo décimo primeiro da devandita orde, a Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional,

RESOLVE:

Primeiro.-Conceder, con cargo ó concepto orzamentario 07.04.322S.481.00 da Dirección Xeral de

Ordenación Educativa e Formación Profesional, as axudas que se relacionan no anexo I.

Segundo.-Denegar, polas causas que se indican, as axudas ós alumnos/as que se relacionan no anexo II.

Terceiro.-Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo, previsto na Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, do 27 de decembro de 1956, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación, logo de comunicación a esta consellería, segundo o previsto no artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 16 de febreiro de 1998.

José Luis Mira Lema

Director xeral de Ordenación Educativa

e Formación Profesional