Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Martes, 10 de marzo de 1998 Páx. 2.381

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 4 de marzo de 1998, da Dirección Xeral de Saúde Pública, pola que se convoca un curso de aplicadores/manipuladores de praguicidas, nivel básico.

A Orde do 30 de xullo de 1997, conxunta das consellerías de Agricultura, Gandería e Montes e de Sanidade e Servicios Sociais, pola que se establece na Comunidade Autónoma de Galicia a normativa reguladora para a homologación de cursos de capacitación para realizar tratamentos con praguicidas, así como para a obtención do carné de manipuladores destes productos, establece no seu artigo 9 a obrigatoriedade de que o organismo oficial responsable publique no Diario Oficial de Galicia a información correspondente.

En consecuencia, anúnciase a convocatoria dun curso de aplicadores/manipuladores de praguicidas de uso ambiental e na industria alimentaria de acordo coas seguintes bases:

1. Denominación do curso:

Curso de aplicadores/manipuladores de praguicidas de uso ambiental e na industria alimentaria. Nivel básico.

2. Datos do organismo organizador:

O organismo organizador será:

Concello de Vigo.

3. Obxectivos do curso:

Con este curso preténdese que os participantes adquiran os coñecementos teóricos e prácticos e as habilidades prácticas necesarias para dosificar e aplicar adecuadamente os praguicidas e desinfectantes.

4. Destinatarios:

-Destinatarios: persoal aplicador adscrito ó parque de desinfección do Concello de Vigo.

-Nº de prazas: o número de alumnos que poderán participar será de 8.

-Criterios de selección: o solicitante deberá ser imprescindiblemente empregado do Concello de Vigo, adscrito ó parque de desinfección.

5. Celebración:

As clases correspondentes a este curso levaranse a cabo en:

Denominación do centro: Departamento de Ecoloxía e Bioloxía Animal. Pavillón 2, 2ª planta. Universidade de Vigo, Facultade de Ciencias.

Enderezo: Marcosende, s/n. Vigo.

Provincia: Pontevedra.

Teléfono e fax: (986) 81 25 80.

Duración e horario: o curso terá unha duración de 30 horas lectivas (15 teóricas e 15 prácticas) e realizaranse a finais do mes de marzo.

O horario do curso será de 17 a 20.30 horas.

6. Programa:

O temario que se impartirá é o que figura no anexo II.

7. Coordinador técnico do curso:

De acordo coa facultade conferida no artigo 10 da orde reguladora destes cursos, o coordinador técnico da Dirección Xeral de Saúde Pública será:

María del Carmen Sánchez Barral, xefa de Sección de Sanidade Ambiental da Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais en Pontevedra.

8. Solicitudes e inscrición:

As solicitudes de asistencia, de acordo cos modelos que figuran no anexo I, tramitaranse ó alcalde-presidente do Concello de Vigo.

O prazo de presentación será de 10 días naturais contados desde o seguinte ó da publicación da presente resolución.

-Documentación: o persoal que desexe participar neste curso deberá presentar cuberta a solicitude que figura como anexo I xunto cunha fotocopia compulsada do DNI.

-Admisión: a relación de solicitantes admitidos exporase nos taboleiros de anuncios da Dirección Xeral de Saúde Pública, r/ Avda. Camiño Francés, 10, baixo en Santiago de Compostela, e do organismo organizador do curso antes dos 2 días naturais contados a partir do prazo de finalización da inscrición.

9. Certificado de superación do curso:

É obrigatoria a asistencia a tódalas sesións do curso. Finalizado este, a entidade organizadora realizará as probas pertinentes que avalíen os coñecementos adquiridos polos alumnos, e no caso de superalas expedirá o certificado co que poderá solicitar á Dirección Xeral de Saúde Pública o carné de manipulador de praguicidas de uso ambiental e de uso na industria alimentaria.

Santiago de Compostela, 4 de marzo de 1998.

Pilar Farjas Abadía

Directora xeral de Saúde Pública

ANEXO II

PROGRAMA DOS CURSOS PARA PRAGUICIDAS DE USO AMBIENTAL E NA INDUSTRIA ALIMENTARIA

Nivel básico

1. Praguicidas. Descrición e xeneralidades.

2. Riscos para o home derivados da utilización dos praguicidas.

3. Xeneralidades sobre pragas ambientais e da industria alimentaria e os métodos de loita antivectorial. Técnicas de aplicación de praguicidas.

4. Praguicidas e medio ambiente. Problemas que presentan. Destrucción de envases.

5. Hixiene e seguridade no seu manexo e aplicación.

6. Prevención, diagnóstico e primeiros auxilios en caso de intoxicación por praguicidas.

7. Exercicios prácticos.

8. Proba de avaliación.

Mínimo de horas lectivas: 20.