Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Martes, 10 de marzo de 1998 Páx. 2.379

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 4 de marzo de 1998, da Dirección Xeral de Saúde Pública, pola que se convocan tres cursos de aplicadores/manipuladores de praguicidas de uso ambiental e de uso na industria alimentaria, nivel básico.

A Orde do 30 de xullo de 1997, conxunta das consellerías de Agricultura, Gandería e Montes e de Sanidade e Servicios Sociais, pola que se establece na Comunidade Autónoma de Galicia a normativa reguladora para a homologación de cursos de capacitación para realizar tratamentos con praguicidas, así como para a obtención do carné de manipuladores destes productos, establece no seu artigo 9 a obrigatoriedade de que o organismo oficial responsable publique no Diario Oficial de Galicia a información correspondente.

Solicitado polo Instituto de Formación y Estudios Sociais e aprobado pola Dirección Xeral de Saúde Pública do Ministerio de Sanidade e Consumo, en consecuencia anúnciase a convocatoria de tres cursos de aplicadores/manipuladores de praguicidas de uso ambiental e de uso na industria alimentaria, nivel básico, de acordo ás seguintes bases:

1. Denominación do curso.

Curso de aplicadores/manipuladores de praguicidas de uso ambiental e de uso na industria alimentaria. Nivel básico.

2. Datos do organismo organizador.

Denominación: Instituto de Formación y Estudios Sociales.

Enderezo: r/ Uruguai, 8-4º; oficina 2, municipio: Vigo.

Provincia: Pontevedra, C.P. 36000, Tfno: (986) 43 26 11, fax: (986) 43 01 13.

3. Obxectivos do curso.

Conseguir unha formación adecuada para o persoal dos establecementos ou empresas que manipulen ou presten servicios de tratamentos con praguicidas de uso ambiental e de uso na industria alimentaria, co obxecto de que poidan obte-lo carné de manipulador destes productos que os capacite para exerce-la dita actividade en todo o territorio estatal.

4. Destinatarios.

-Destinatarios: persoal traballador das empresas de limpeza de edificios e locais adheridas ó plan agrupado de formación da Federación de Servicios de UGT.

-Nº de prazas: o número de alumnos que poderán participar será de 15 como máximo para cada curso.

-Criterios de selección: o solicitante deberá ter idade laboral para poder traballar con praguicidas (maior de 18 anos).

5. Lugar de celebración.

As clases correspondentes a estes cursos levaranse a cabo en:

1º Curso:

Denominación do centro: locais de UGT da Coruña.

Enderezo: Fernández Latorre, 27, municipio: A Coruña.

Provincia: A Coruña, C.P. 15006.

-Duración e horario: o curso terá unha duración de 40 horas lectivas (20 teóricas e 20 prácticas) e realizarase a finais do mes de marzo.

-O horario do curso será de 17.30 h a 20.30 h.

2º Curso:

Denominación do centro: locais da UGT formación.

Enderezo: r/ Ramiro Rueda, 10 Entlo. municipio: Lugo.

Provincia: Lugo, C.P. 27003.

-Duración e horario: o curso terá unha duración de 40 horas lectivas (20 teóricas e 20 prácticas) e realizarase a finais do mes de marzo.

-O horario do curso será de 10 h a 13 h.

3º Curso:

Denominación do centro: locais da UGT Vigo.

Enderezo: r/ Heraclio Botana, 2. Municipio: Vigo.

Provincia: Pontevedra, C.P. 36201.

-Duración e horario: o curso terá unha duración de 40 horas lectivas (20 teóricas e 20 prácticas) realizarase a finais do mes de marzo.

-O horario do curso será de 16 h a 20 h.

6. Programa.

O temario que se impartirá é o que figura no anexo.

7. Coordinadores técnicos dos cursos.

De acordo coa facultade conferida no artigo 10 da orde reguladora destes cursos, os coordinadores técnicos da Dirección Xeral de Saúde Pública serán:

A Coruña: Manuel Porto Porto, xefe de Sección de Sanidade Ambiental da Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais na Coruña.

Lugo: Juan Antonio Vázquez Sanjurjo, xefe de Sección de Sanidade Ambiental da Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais en Lugo.

Vigo: María del Carmen Sánchez Barral, xefe de Sección de Sanidade Ambiental da Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais en Pontevedra.

8. Solicitudes e inscrición.

As solicitudes de asistencia, de acordo cos modelos que figuran no anexo I, tramitaranse ó organismo organizador dos cursos.

O prazo de presentación será de 10 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación da presente resolución.

-Documentación: o persoal que desexe participar nestes cursos deberá presentar cuberta a solicitude que figura como anexo I, xunto cunha fotocopia compulsada do DNI.

-Admisión: a relación de solicitantes admitidos exporase nos taboleiros de anuncios da Dirección Xeral de Saúde Pública, r/ Avda. Camiño Francés

10, baixo, en Santiago de Compostela e do organismo convocante do curso, antes dos 3 días naturais contados a partir do prazo de finalización da inscrición.

9. Certificado de superación do curso.

É obrigatoria a asistencia a tódalas sesións do curso. Finalizado este, a entidade organizadora realizará as probas pertinentes que avalíen os coñecementos adquiridos polos alumnos e en caso de superalas expedirá o certificado co que poderá solicitar á

Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais o carné de manipulador de praguicidas de uso ambiental e de uso na industria alimentaria.

Santiago de Compostela, 4 de marzo de 1998.

Pilar Farjas Abadía

Directora xeral da Consellería de Sanidade

e Servicios Sociais

ANEXO II

PROGRAMA DOS CURSOS PARA PRAGUICIDAS DE USO AMBIENTAL E NA INDUSTRIA ALIMENTARIA

Nivel básico

1. Praguicidas. Descrición e xeneralidades.

2. Riscos para o home derivados da utilización dos praguicidas.

3. Xeneralidades sobre pragas ambientais e da industria alimentaria e os métodos de loita antivectorial. Técnicas de aplicación de praguicidas.

4. Praguicidas e medio ambiente. Problemas que presentan. Destrucción de envases.

5. Hixiene e seguridade no seu manexo e aplicación.

6. Prevención, diagnóstico e primeiros auxilios en caso de intoxicación por praguicidas.

7. Exercicios prácticos.

8. Proba de avaliación.

Mínimo de horas lectivas: 20.