Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Luns, 09 de marzo de 1998 Páx. 2.356

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 16 de febreiro de 1998, da Dirección Xeral de Producción Agropecuaria, pola que se notifica a do 9 de decembro de 1997, recaída no expediente sancionador 11PR/97, por infracción da Lei 1/1993, de protección de animais domésticos e salvaxes en catividade, ó resultar devolta polo servicio de correos a notificación feita ó interesado.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle a José Ángel Souto Bello de acordo co que figura no anexo á presente, a resolución adoptada polo director xeral de Producción Agropecuaria e Industrias Agroalimentarias, con data do 9 de decembro de 1997, no expediente sancionador 11PR/97, xa que intentada a notificación por correo certificado e con xustificante de recepción, esta resultou devolta.

O importe da sanción farase efectivo por transferencia bancaria á conta de Caixa Galicia nº 31100166/2, no prazo de 15 días hábiles contados a partir da firmeza da resolución. De non facelo dentro do prazo sinalado, procederase ó seu cobramento pola vía administrativa de constrinximento.

Faise saber que esta resolución non é firme en vía administrativa, polo cal José Ángel Souto Bello poderá intepoñer contra ela recurso ordinario ante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Política Agoalimentaria, no prazo dun mes, a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución, de acordo co disposto no artigo 114 da Lei 30/1992.

Santiago de Compostela, 16 de febreiro de 1998.

Antonio Crespo Iglesias

Director xeral de Producción Agropecuaria

ANEXO

Expediente: 11PR/97.

Denunciado: José Ángel Souto Bello.

DNI: 32.255.501.

Enderezo: Carballeira de San Lourenzo nº 17. Santiago de Compostela-A Coruña.

Infraccións cometidas: o maltrato de animais (cans) causándolles dor ou lesións, e a cría e comercialización destes sen cumpri-los requisitos correspondentes.

Precepto infrinxido: artigo 21 a) e j) da Lei 1/1993.

Preceptos sancionadores: artigo 24.1º b) da Lei 1/1993.

Sanción: multa de 50.001 pesetas.