Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Luns, 09 de marzo de 1998 Páx. 2.356

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/233-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966 e no artigo 10 do Decreto 2619/1966, sométese a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se cita:

-Solicitante: Hidroeléctrica de Laracha.

-Enderezo social: Tte. Xral. Gómez Zamalloa, 9-1º (Est.6), 15000 A Coruña.

-Denominación: L.M.T. a C.T. Muíños de Coiro.

-Situación: municipio de Laracha (A Coruña).

-Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 15/20 kV en LA-30 de 369 m de lonxitude que parte da L.M.T. ó C.T., Merelle e final no C.T. que se vai construír en Muíño de Coiro de 50 kVA tipo aéreo. Municipio de Laracha.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 13 de febreiro de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña